Achegamos información e o modelo de solicitude sobre a exención no canon da auga e coeficiente de vertedura dirixida a paliar os efectos da covid-19 en determinados sectores

Poderán solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura os titulares de consumos de auga nos seguintes establecementos, nos supostos en que visen diminuída significativamente a súa actividade:

 

a) Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares.

 

b) Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.

 

c) Hoteis e aloxamentos turísticos.

 

d) Albergues turísticos.

 

A acreditación desta circunstancia realizarase mediante declaración responsable contida no anexo de solicitude.

Máis información na seguinte ligazón

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AU231C&ano=2021&numpub=1&lang=es