O novo conto de J.K. Rowling chega gratis, online e por entregas diarias.

 

“The Ickabog ”, o novo libro para nenas e nenos, escribiuno fai dez anos para distraer aos seus fillos antes de durmir e agora compárteo para facer máis levadeira a situación actual. Dende o pasado mércores podemos atopalo en español.  

Son cinco dos primeiros capítulos traducidos e publicados ata hoxe na web:

www.theickabog.com , con entregas diarias ata o venres 17 de xullo.

J. K. Rowling (DEBRA HURFORD BROWN / Reuters)

Como explicou a propia autora fai uns días na súa web, o libro é un conto infantil “sobre a verdade e o abuso do poder”. Como especifico, a idea, desenvolta fai máis dunha década “non está destinada a lerse como unha resposta ao que está sucedendo no mundo neste intre”. Os temas, engade, son atemporais “e podrían aplicarse a calquera época ou país”. 

Tras publicarse en internet de xeito gratuíto, The Ickabog será levado a libro impreso e en formato dixital en novembro en francés, italiano, alemán, español, portugués de Brasil e inglés. Os beneficios das vendas serán destinados pola autora británica a proxectos que axuden a grupos particularmente afectados pola pandemia. 

Un conto de fadas

Escrito para ser lido en voz alta, The Ickabog é un conto de fadas, ambientado nunha terra imaxinaria, e en calquera caso unha historia completa sen relación cos outros traballos da autora. Destinado a nenos de entre 7 e 9 anos de idade, toda a familia pode desfrutar dela, segundo se pode ler no citado comunicado. 

Ademais, a escritora quere que os nenos e nenas se involucren a medida que se desenvolve a historia, e por iso invita a potenciais artistas mozos/as a participar na ilustración da súa historia. Para iso, anima os pais, nais, titores e titoras que envíen as ilustracións dos seus fillos a un concurso internacional de ilustración ao efecto.  #TheIckabog

Os libros en papel e en formato dixital publicaranse en español pola editorial Salamandra, mentres que sairá en audiolibro en novembro. 

 

Facémonos eco desta actividade de promoción do turismo na provincia da Coruña 

Co gallo do 28 aniversario do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán 🌾, e para celebralo, o Parque organiza diferentes actividades.

✏️ O día do Medio Ambiente, o domingo 7 Intermareal máis que area e mar”

✏️ O día Mundial dos Océanos, o luns 8

✏️ Roteiros guiados tódolos días, e moitas propostas máis

Podes facer as túas reservas e solicitar máis información no ☎️ 981-87-85-32 ou no Centro de Recepción de Visitantes do Parque.

Máis información sobre o parque:

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/9617/complexo-dunar-de-corrubedo-e-lagoas-de-carregal-e-vixan?langId=es_ES&tp=1&ctre=2

PROPOSTA DE HOXE:

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2020
(Celebrar a Biodiversidade)

Convivamos correctamente coa outra veciñanza da nosa entorna.

 

 

DECLARACIÓN DA RENDA. Cando interesa presentala sen estar obrigado

Máis información:

 

https://drive.google.com/file/d/1l2JqNJhO9qwkjBb0nJ3DNYOzExAyGVN7/view?usp=sharing

Conversas sobre a menopausa. Conmemoración do "Día da saúde das mulleres"

A área de Igualdade da Deputación da Coruña realiza o ciclo en liña “Conversas sobre a menopausa” co gallo do Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres

Con motivo do 28 de maio “Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres” a área de Igualdade da Deputación da Coruña organiza o ciclo en liña “Conversas sobre a menopausa”.

O obxectivo deste ciclo é ofrecer cinco conversas con profesionais de diversos eidos amosando unha visión realista e normalizadora da menopausa; rompendo estereotipos e fuxindo da súa patoloxización.

Baixo un formato de entrevista, as xornalistas Sonia López e Marián Fernández conversan con; Carme Valls, endocrinóloga e unha das pioneiras do Estado en incluír a perspectiva de xénero na medicina, Anna Freixas, psicóloga e xerontóloga feminista, Rosa Almirall, xinecóloga e sexóloga, Cristina López Villar, doutora en ciencias da actividade física e o deporte e profesora da UDC e Guadalupe Jiménez Esquinas, antropóloga e profesora da USC.

 

Os vídeos penduraranse na páxina web e redes sociais da Deputación da Coruña a partir de hoxe luns 25 de maio seguindo este calendario:

luns 25 de maio:  Entrevista á endocrinóloga Carme Valls arredor da menopausa e a perspectiva sanitaria.

https://www.youtube.com/watch?v=PYkfVwydCTc

xoves 28 de maio: Entrevista á psicóloga e pioneira na xerontoloxía feminista Anna Freixas sobre aspectos psicolóxicos na menopausa.

https://www.youtube.com/watch?v=-ffYo9_-KdU

luns 1 de xuño: Entrevista á xinecóloga e sexóloga Rosa Almirall sobre menopausa e xinecoloxía.

https://www.youtube.com/watch?v=9c3lfGN8KZg

mércores 3 de xuño: publicación do vídeo onde entrevistamos á profesora de CC. Do deporte e a educación física da UdC Cristina López Villar arredor da actividade física na menopausa.

venres 5 de xuño: publicación da vídeo-entrevista á antropóloga e profesora da USC Guadalupe Jiménez onde falaremos da menopausa dende unha perspectiva antropolóxica.

En definitiva, 5 conversas en formato vídeo conferencia e de curta duración (entre 5 e 10 min) a 5 especialistas de distintos ámbitos para achegarnos á menopausa desde un enfoque feminista, fuxindo de estereotipos e medos infundados. Cinco conversas sinxelas que nos alentan a gozar e normalizar esta etapa da nosa vida.

Coidándonos, poderemos antes desfrutar das celebracións.

 

Dende a nosa casa tamén podemos reducir o consumo enerxético ⚡⚡⚡

Máis info:

https://drive.google.com/file/d/1h7bsZJx0TFeevJQTDeUsKCeu0vPwPDfY/view?usp=sharing

Como sempre Rocio fainos unha proposta moi interesante, reciclando material de refugallo e sendo creativos pode quedarnos algo tan divertido como a súa proposta de hoxe.

 

https://drive.google.com/file/d/1GEhwvylqxbNU9IILpu9MYGUFUh6kwP0S/view?usp=sharing

 

A Deputación da Coruña abreu o mosteiro de Caaveiro con límite de visitantes e medidas de control sanitario,  permitirase como máximo a estancia de 30 persoas no interior do mosteiro, 15 con visita guiada e 15 de maneira libre. A Deputación da Coruña duplicará tamén o servizo de autobuses de acceso a Caaveiro para cumprir as medidas de distanciamento e a prevención de contaxio, regulando a frecuencia das rutas de maneira que non se produzan aglomeracións na entrada do mosteiro.

O uso da máscara será obrigada no interior e as instalacións estarán sinalizadas coas indicacións sanitarias pertinentes para cumprir os protocolos de seguridade como distancia interpersoal, limitacións de persoas nas distintas estancias ou rutas para garantir a seguridade. As visitas atoparán aberta a cafetería das instalacións nas que tamén estarán á disposición para a venda máscaras por se alguén chega ao monumento sen ela. 

Teléfono de atención a visitantes: 981 459 006/617 562 302 (este último todos los días de 10:00 a 18:00 horas).

Máis info: 

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/19960/san-xoan-de-caaveiro?langId=gl_ES