📌PROPOSTA DE HOXE: CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 17 MAIO 

 

🎉🎉A data do 17 de maio foi elixida co obxecto de homenaxear a publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro en 1863, data que marcou o inicio do Rexurdimento  cultural galego. 

 

👉Así nesta data tan sinalada achéganos este vídeo🎞🎞 cun tema inédito que compuxo Luis Vallecillo fai uns anos "Buscando a Rosalía" adicado a Rosalía de Castro. Canción que forma parte do espectáculo "Cantares das Letras", proxecto creado para festexar xunto coas familias o  "Día das Letras Galegas" 

 Esperamos que a desfrutes e poidades compartir.😃

 Xa vai quedando menos!!! 

 👇👇👇

https://youtu.be/tByiyESPfSg

 

👉Tamén vos convidamos a que coñezades os certames, festivais e citas na rede

📌LÍNGUA DE RAPEAR

No marco da programación conmemorativa, os departamentos de Política Lingüística e Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta estrean o novo certame Lingua de rapea🔉🔉r, para apoiar a creatividade e dinamizar a lingua nos usos e espazos de interese para a mocidade. Daranse a coñecer as bases e os premios nos vindeiros días

 

📌IX CERTAME DE RELATOS BREVES DE FEIRAC0

Máis certames xa en marcha para conmemorar as letras, honrar a don Ricardo e dinamizar o galego son os que acaba de poñer en marca Feiraco coa colaboración da Consellería: IX Certame de Relatos Breves Feiraco🧠, inspirados na frase Á sombra daquel carballo centenario… e I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. As bases, prazos de participación e premios xa figuran nas redes sociais da cooperativa agrogandeira galega.

 

📌FESTIVAL INTERNACIONAL KEROUAC POESÍA E PERFORMANCE.

E os festivais tamén toman as redes para festexar a lingua galega e homenaxear a Carvalho desde o exterior, como o coñecido Festival Internacional Kerouac Poesía e Performance, que organiza un encontro dixital a través da plataforma Zoom que será retransmitido por Facebook e YouTube Live o mesmo 17 de maio, ás 18:00 horas.⏰⏰ Presentado por Marcos de la Fuente, convida a artistas galegos e representantes do mundo da cultura en Estados Unidos a sumarse á celebración das Letras Galegas.

 

Bo día e lembrade, se nos coidamos, coidamos as nosas persoas queridas, e antes poderemos desfrutar xuntos!!!  Moito ánimo.🌈🌈

 

Sinalar antes de nada que non imos tratar materiais escolares, nin por suposto obrigatorios, a nosa intención é tentar achegar algún recurso para apoiar con tarefas e materiais accesibles para fomentar a diversión, ocupar o tempo de ocio e reforzar as habilidades.

Os Bolechas. Carvalho Calero

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.

Documentos relacionados

  • Libro. Formato PDF. 2 MB

E…….Podedes vivir unha aventura a través das letras de Ricardo Carvalho Calero. Serás quen de resolver unha misión na que recibirás un número que corresponde á clave que precisas para abrir un maletín onde está a túa recompensa?.... Pois conectade os vosos cinco sentidos. Ídelos necesitar para resolver esta misión!

E lembrade, todo detalle conta.

http://sacaalinguaapacer.blogspot.com/2020/05/o-misterio-da-casa-de-ricardo-carvalho.html

Bo día e lembrade, se nos coidamos, coidamos aos nosos seres queridos, e poderemos desfrutar das celebracións conxuntas antes!!! Moito ánimo.

 

 

Sinalar antes de nada que non imos tratar materiais escolares, nin por suposto obrigatorios, a nosa intención é  tentar achegar algún recurso  para apoiar con tarefas e materiais accesibles para fomentar a diversión, ocupar o tempo de ocio e reforzar as habilidades. 

Cada 17 de maio, lembramos que en Galicia temos unha Lingua e unha literatura propia celebrando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Dende 1963, a Real Academia Galega adica esta celebración a unha personalidade diferente.

 

Este ano 2020, o Día das Letras Galegas adícase ao escritor e educador Ricardo Carvalho Calero  (Ferrol, 1910- Santiago de Compostela, 1990); Filólogo e escritor galego, licenciado en Dereito e Filosófía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi tamén membro numerario da Real Academia Galega. Fixo historia na universidade: en 1972 converteuse no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. 

Aínda que a celebración do propio día trasladouse para o 31 de Outubro, non queremos deixar de adicarlle un anaco do noso tempo a unha cita tan importante. Grazas á Real Academia Galega podemos desfrutar de materiais moi interesantes. Non deixedes de entrar no seguinte enlace para poder desfrutar deles!

A Academia celebra o Día das Letras Galegas na Rede con propostas para todas as idades

 Os pequenos e pequenas da casa dispoñen de propostas lúdicas e didácticas na web primaveradasletras.gal, un espazo para a comunidade de infantil e primaria con  Materiais para colorear para os nenos e nenas de menor idade, contidos descargables –tamén con ilustracións orixinais– sobre a vida, a obra de creación literaria de Carvalho Calero ou o seu labor como filólogo son parte dunha oferta que se completa con propostas interactivas centradas na súa paixón polo teatro e a ópera, a súa poesía ou espazos vitais do autor como Ferrol e Lugo . A RAG está, ademais, a debuxar cada día un retrato colectivo do autor a través da serie de microespazos audiovisuais Unha palabra para don Ricardo, un produto feito dende o confinamento que se suma a outros como a serie de entrevistas dixitais que a institución está a publicar na sección que lle dedica a Carvalho Calero nesta páxina web. Nesta mesma fiestra dixital, o académico Henrique Monteagudo asina a biografía do homenaxeado que percorre os principais momentos e títulos da súa traxectoria.

As Letras continúan no outono

A Real Academia Galega celebrará o pleno extraordinario do 17 demaio o vindeiro 31 de outubro, cadrando co cento dez aniversario de Ricardo Carvalho Calero e agardando que para aquela data as circunstancias sexan máis propicias. A cita mantense no teatro Jofre de Ferrol, cidade onde o homenaxeado naceu en 1910.

Como é costume, o outono tamén será o tempo do Simposio das Letras Galegas, onde se recollerán distintas achegas de carácter científico arredor da figura e do herdo intelectual do autor. A RAG prevé rematar o ano cunha coidada edición da correspondencia cruzada entre Carvalho Calero e Ramón Otero Pedrayo, realizada en colaboración co Parlamento de Galicia, a Fundación Penzol e a Fundación Otero Pedrayo. Recollerá máis de 180 cartas editadas e anotadas por Patricia Arias Chachero e Adrián Estévez, acompañadas dun ensaio introdutivo de Henrique Monteagudo e dun epílogo de Xesús Alonso Montero.

No ámbito académico, no seu legado destaca a Historia da literatura galega contemporánea (1963) e a Gramática elemental del gallego común (1966), manuais imprescindibles para varias xeracións de estudantes de lingua e literatura galegas. Na creación literaria, Carvalho Calero sentiuse ante todo poeta. O seu primeiro poemario en galego, Vieiros, saíu do prelo en 1931 e o último, Reticências… (1986-1989) veu a lume postumamente, en 1990. Foi tamén autor de obras teatrais e como narrador asinou, entre outras pezas, a primeira novela en galego da posguerra, A xente da Barreira (1951), gañadora do premio convocado por Bibliófilos Gallegos, e a novela Scórpio, Premio da Crítica de 1987.

REAL ACADEMIA GALEGA                 http://primaveradasletras.gal/category/fichas-didacticas/

 

Achegamos tamén a proposta que realizan dende o blog do CEIP da Castellana. 

DIAS DAS LETRAS GALEGAS

Estimadas familias:

Co fin de conmemorar os Maios e o día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio (que este ano se adica a Carvalho Calero), dende o CEIP A Castellana, propoñemos unha pequena actividade para que participe todo o alumnado.

Gustaríanos que todos os alumnos e alumnas elaboren unha coroa de flores e escriban un poema en galego. 

No caso de Educación Infantil, que lean o seguinte conto que vos facilitamos a continuación e posteriormente que elaboren un debuxo da Pita.

https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

Posteriormente todos aqueles/as que o desexen, poden enviar unha imaxe onde saian eles mesmos, ensinando o devandito traballo confeccionado.

Tedes ata o martes 19 de maio para remitir as imaxes ao seguinte correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.). Posteriormente subirémolos á páxina web do centro.

Con esta actividade de carácter voluntario, buscamos tamén que os alumnos/as poidan saír na páxina web de forma visible e deste maneira vernos de xeito telemático. 

Moito ánimo e forza

Bo día e lembrade, se gardamos as distancia, poderemos desfrutar das celebracións conxuntas antes!!!  Moito ánimo.

Somos Iguais... en casi todo.

Na especie humana a maior porcentaxe de músculo dos homes. Fai que consuman máis enerxía que as mulleres.

 

Hoxe a nosa proposta ten dous obxectivos, pasar un tempo agradable e dar a coñecer algunhas curiosidades e valores do noso Municipio. As solucións publicarémolas na semana que vén, pero podedes enviarnos as vosas respostas polo Facebook ou no correo de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A  xogar........... pronto poderemos voltar a  xuntarnos para as celebracións...

Tedes o enlace ao vídeo:

👇👇👇

https://drive.google.com/open?id=1Nn_zBU9EJRl1keOyhzxZCC8a1ClHC7QW

 

CONVITE DE LUIS VALLECILLO

Xa queda menos para rematar estes días tan incertos. Con motivo da actitude tan xenerosa dos nosos cativos neste confinamento, en donde están a mostrar unha capacidade de adaptación e de confianza fora do normal, gustaríame agradecerlles o seu esforzo e compartir meu último traballo músical para facer estes días na casa un pouquiño más entretidos, unha pequena aportación para darlles máis recursos ás nais e pais que están facendo tamén todo e máis por levar esta situación o mellor posible.

Deixámosvos aquí o link á web desde onde podedes desfrutar e descargar o me libro "Cantamos?"  Contos e canción ilustradas, apoiados con pictogramas, para compartir cos vosos veciños.

https://lvallecillo.com/es/cantamos-quedate-en-casa-2/

 

 

 

Como sempre Rocío García ensínanos a divertirnos facendo cousas útiles

 

https://drive.google.com/open?id=1JFoQuACnSR2Hpsy1je1Wr2qkxioLNs6WOU