Sinalar antes de nada que non imos tratar materiais escolares, nin por suposto obrigatorios, a nosa intención é  tentar achegar algún recurso para apoiar con tarefas e materiais accesibles para fomentar a diversión,  aprendizaxe e a ilusión pola lectura por medio dos contos e os xogos.  

Hoxe: O poliño da Abeleira

O poliño da abeleira, de Kalandraka TV

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=16&video=Bea%20Campos%20-%20O%20polio%20da%20abeleira#PD_Bea%20Campos%20-%20O%20polio%20da%20abeleira

E para un pouco maiores, os libros de maior éxito: 

https://librosgeniales.com/author/ebooks/geronimo-stilton/

Algunhas ideas de traballo cos contos:

Pode ser de xeito falado, ou por escrito cando vexamos posible:

1.- Quen é o personaxe principal? Como se chama? De quen se trata? (persoa, animal....)

Cantos personaxes aparecen? En que orde? Lembras os nomes?

2.- Di outros nomes, cousas, obxectos, comidas... que empecen pola mesma letra.

3.- Que outros personaxes aparecen no conto? Como se chaman? Quen son? 

4.-Que lles pasa? ¿Que fai cada un deles? Onde están, a onde van...?

5.- Que problema/situación viven?  

6.-Pasouche a ti algunha vez algunha aventura divertida?

7.-Xogar a buscar cousas dentro de cada imaxe, nomear por grupos (exemplo nomea todos os animais que atopes... todo o que sexa de cor vermello.... todas as cousas que vexas que empezan pola letra “?”.....)para os máis pequenos, pero tamén a todas as idades, incluso as persoas maiores, xa que fomenta a memoria, a concentración e a linguaxe. 

8.-Cantas páxinas ten o libro? Contalas con eles no caso dos máis pequenos. 

9.-Fai un debuxo, escribe o que máis che gustou. Co debuxo nunha cartulina poder facer un puzzle, recortar e tentar solucionalo.

10.-Que foi o que menos che gustou? Como cambiarias ti a historia? Tentar crear unha nova historia...

Son unicamente pequenas ideas, se algúen quere algunha lectura, ficha, proposta máis específica, podedes poñeros en contacto co correo electrónico do Concello: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Bo día e lembrade, se saimos con sentidiño, poderemos abrazarnos antes!!!!  Moito ánimo.

A proposta de hoxe é un convite a preparar a Milla deste ano.

👇👇

https://drive.google.com/file/d/1dOiJJY2lOfBsaSqHfMgM7L7P-tMyYI_T/view?usp=sharing

 

 

 👨‍🔬👨‍🔬10 EXPERIMENTOS CASEIROS DOADOS con AUGA que podes facer na casa. Divertidos e asombrosos. 

https://www.youtube.com/watch?v=-gnAy0TkZnY

🥚🥚O ovo saltarín....

https://www.youtube.com/watch?v=CofOkI4mvo4

Debuxos que cobran vida🖼🖼

https://www.youtube.com/watch?v=7I7n4tkdXes

Servilleta máxica ✨✨

 https://www.youtube.com/watch?v=g7km1n0xYTY

Electricidade estática⚡⚡

https://www.youtube.com/watch?v=JFv31DpjFIE

📅📌Como cada día 3 de maio,  celébrase a Santa Cruz, hoxe amaneceu un fermoso día ( que non sempre é así ), grazas as aportacións que se nos fixeron de imaxes podemos mostrar un humilde resumo do que pode ser unha mañá de romería, debemos agradecer especialmente ao Párroco a aportación feita por el.

Convidamos a todos e todas a que compartan nas súas redes fotos deste día, é unha boa ocasión para recordar o espíritu da Santa Cruz como a festividade local que é.

Feliz día da Nai a todas🎈

MISA:

👇

https://youtu.be/_C6R9webTfg

 

PROCESIÓN:

👇

https://drive.google.com/open?id=171R51n2eV74EOYKKVAzwvBD5Go6t7CKW

 

ROMARÍA:

👇

https://drive.google.com/open?id=1uZPCGLIT4TazkUOF7cJFOvDF686WNhtJ

 

 

 

Achegamos unhas porpostas de menú para unha festa tradicional, a quen non lle gusta a empanada, os callos ou un dulce feito na casa?

-EMPANADA

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-67-que-viva-a-empanada

 

-CALLOS 

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/callos-a-galega-e-albondegas-con-sorpresa

 

-DULCE

 

https://www.youtube.com/watch?v=ilbkQ5Ek_JA 

 

 

14, A SANTA CRUZ DE ARANGA

Extraído do Libro de Antonio Fraguas “Romarías e Santuarios”

“ Na parroquia de San Paio de Aranga, concello do mesmo nome, na beira dereita do río Mandeo está situada a igrexa parroquial, onde se celebra unha festa de moita sona o día 3 de maio. A igrexa é de estilo barroco compostelano, sen máis adornos na fachada que dous pinácuos no remate de dúas pilastras. No centro da fachada está a hornacina coa imaxe de San Paio e dúas ventás.

A torre encostada á sacristía, é moi airosa e bastante alta. O primeiro corpo remata con adornos de placas, como de campanarios dunha balconada todo ó redor. No segundo corpo están as campás. Ata rematar este tramo, o corpo é de un cubo, pero o terceiro corpo é octogonal. Pecha o tramo unha cúpula pequena, tamén octogonal, que remata coa correspondente cruz.

(Deixamos un momento de lado a literatura para achegar unhas imaxes da Igrexa de San Paio

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22231/igrexa-de-san-paio-de-aranga?langId=es_ES&tp=8&ctre=31 )

A cruz que dá lugar á romaría estaba escondida, enterrada, e no lugar onde se descubriu brotou unha fonte, que continuoumanando. Está situada á esquerda do río. José María Luengo y Martínez refire que as augas desa fonte son reputadas como miragreiras polo feito de brotaren no intre do descubrimento da cruz naquel lugar:

Atribúeselles a virtude de afuxentar as invasións dos insectos dañinos nos campos e culivos, se se orballan con ellas; lavando na fonte os órganos sexuais, conséguese a fecundación. Son prodixosas para a cura das enfermidades, tanto das persoas coma dos animais, se previamente foi depositada a auga nas oquedades que, nos seus brazos, ten a cruz, asperxéndose despois con ela ós pacientes . Destas curas maravillosas son testemuño os numerosos exvotos de cera que se depositan no santurario, representando tanto os membros curados das persoas coma as figuras dos animasis que sandaron pola súa mediación.

Na actualidade está formada a fonte por un muro de granito que constitúe o respaldo da pía na que hai dous canos. Entre eles existe un relevo respresentando a cruz.

No friso do muro lese a seguinte inscrición:

FUE BEATIFICADA EN EL AÑO 1773

SIENDO CURA EL LYC=D.J.D.C.

A fonte, ó parecer data da mesma época da igrexa.

(https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/17634/fonte-da-santa-cruz?langId=es_ES&tp=10&ctre=54)

A cruz é unha peza de orfrebrería litúrxica de moita estimación. O tempo que estivo enterrada e os arranxos posteriores deixárona bastante modificada. Foi unha peza semellante á Cruz dos Anxos de Oviedo e á que tivo a catedral de Santiago, roubada hai bastantes anos. Foi unh cruz votiva, que se transformou en procesional. Luengo descríbea dicindo:

Está feita dunha chapa de latón, formando cruz inmisa, que mide 27 centrímetros de anchura de brazos por 28 de altura, diferencia que se orixinou ó cortala. No seu prmitivo estado os catro brazos eran trapezoidais e obsérvase perfectamente que foron recortados en curva, para disimular imprefeccións na peza. A decoración consist en cinco cazoletas hemisféricas refundidas, unha no medio e as outras colocadas nos extremos de cada un dos brazos nos cales presenta tamén grupos de dúas cazoletiñas referencias no brazo inferior tiña pendente unha campaiña.

A cruz poderá datarse do século X ou XI.

Como dixemos, a festa celébrase o 3 de maio, que se corresponde coa Exaltación da Santa Cruz. E aínda hai outra fecha máis o primeiro domingo despois do 3, chamada “festa pequena”. Os romeiros lávanse e beben, pero ademais levan botellas de auga para abenzoar xente, gando e leiras. A principal devoción é para as doenzas do gando e os froitos. Trátase dunha romaría de tipo agrícola, na que se traen e levan froitos de sementeira. Abundan os exvotos, como se indicou, e despois dos actos relixiosos celébrase a foliada da mocidade. A importancia dos intercambios de froitos é moi grande, por tratarse dunha comarca de boas terras de producción de centeo, avea, patacas, froitas e gando,pola calidade dos prados.

Por ser santurario emprazado na Serra do Raño onde se atopa o Pico de Vales, de cerca de 700 metros de altura, a cantiga popular ten presente algúns dos sus moradores:

Alta serriña do Raño

ten moitas silvas e penas

onde o lobo fai o cocho

e os buxatos barran nelas.

 

A continuación deixamos un enlace a un programa da televisión galega que fixo unha reportaxe sobre os tema sen esquecer facerlles un convite para vir a coñecer a romaría da Santa Cruz do ano que vén:

https://www.youtube.com/watch?v=XfZORLoyQ6Y

 

Os xogos con lapis e papel son sempre unha boa alternativa cando non sabemos qué facer, naqueles momentos nos que é complicado xa entrever. Suxerimos deixar ao lado por un intre a tecnoloxía (conscientes do bo e gran rol que xoga nestes momentos, sempre que sexan ben usados) para amosar outras formas de entretemento divertidas. Suxerimos retomar algúns xogos tradicionais de papel e lapis:

Algúns dos xogos tradicionais con lapis e papel para facer con nenos/as, rapaces, maiores:

 

 

A nosa proposta de hoxe é un exercicio para fomentar a estabilidade pélvica.

Máis info no enlace:

https://drive.google.com/open?id=1kCBH8Em0DGDcOhJy6a4uiObBch1Vlh1t

VÍDEOS QUW NOS CHEGAN DOS MÁIS ATREVIDOS... 

https://drive.google.com/file/d/1kk9I0HPckmaXTSn3hhubpKnKo_lfxKsx/view?usp=drivesd

 platilina

HOXE: PLASTILINA

Coñecemos que nestes días sen saír da casa pode resultar difícil conseguir materiais para renovar os que temos, facernos con outros novos… ou en todo caso, facer os nosos sempre resulta o máis ameno, útil, e de maior valor (nada como o feito por nós).

A plastilina é un dos mellores exercicios para o traballo da psicomotricidade fina, fundamental para a escritura.

Por isto, hoxe a nosa proposta é facer plastina ecolóxica con produtos da casa, onde a maiores podemos conseguir a textura que cada un dexese, máis dura, máis branda….

PLASTILINA ECOLÓXICA

Ingredientes:

1 taza de fariña

½ de sal fina 

1 taza de auga tépeda

1 cucharada de aceite vexetal (oliva ou xirasol)

Colorante alimenticio/témpera/azafrán… algo para dar cor.

Preparación:

Mesturamos a fariña e o sal e remexemos ben. Vertemos en recipentes vacíos o colorante, o aceite e engadimos a auga morna, remexemos e agregamos pouco a pouco en tantos recipentes como cores queiramos de fariña. Amasamos ata conseguir a textura axeitada, ao noso gusto, nin moi seca, nin moi pegañenta, podemos modificala engadindo un pouco máis de auga, fariña ou sal…. Ata que estea como nos parece ben. 

E agora a traballar con ela: podemos facer animais, figuras de persoas, cadros.... vota a túa imaxinación a voar.

Esperamos disfrutedes desta actividade. Lembrade que podedes enviar, quen o desexe, o resultado no facebook do Concello de Aranga.

Tutorial de cómo facer plastilina caseira

https://www.youtube.com/watch?v=b2QS0IFbjyU

Algunhas ideas para traballar coa plastilina

https://www.youtube.com/watch?v =ye3EEwOoT8w&list=PLgK76qegaoMy7ixNSmKBazugGLWEPO7K6