O alcalde de Aranga, Alberto Platas, recibeu á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, que realizou unha visita ao concello na que destacou a importancia das actuacións levadas para garantir a calidade dos servizos municipais, como no caso da rehabilitación da casa consistorial, co fin de facilitar o confort dos usuarios que se achegan cada día a realizar os seus trámites á Casa do Concello.

Ademais destas actuacións na Casa do Concello, a Xunta tamén colaborou na reparación de camiños e, no marco do Fondo de Compensación Ambiental na ampliación das traídas de auga de varios núcleos, así como no mantemento da brigada ambiental, en conxunto cos concellos de Irixoa, Monfero e Vilarmaior

 Aprobeitando a súa visita o alcalde fíxolle chegar outras necesidades para as que se solicita o apoio da Xunta para beneficio dos habitantes do concello.