En relación coa  execución da obra de acondicionamento da casa consistorial, queremos aclarar,  por mor dos comentarios xurdidos, que a dita obra foi contratada na forma legalmente establecida na Lei 9/2017 de contratos do sector público.

Na dita Lei esíxese a contratación das obras que superen o custo de 39.999,99 € a través dun procedemento aberto  e público. Isto implica que debe anunciarse na Plataforma de contratos do Estado  e  que   pode participar, presentando a súa oferta, calquera licitador que o estime oportuno.

Que, concretamente nesta obra de acondicionamento da casa consistorial,  licitada  a través da plataforma de contratos do Estado,  presentaron ofertas só dúas empresas, resultando adxudicataria a que fixo a mellor oferta.

Aclarar tamén que esta subvención foi outorgada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia despois dunha reunión que mantivo o alcalde de Aranga co Vicepresidente. Esta axuda foi concedida única e exclusivamente para realizar o acondicionamento da casa consistorial, co fin de mellorar a atención de todos/as os veciños/as non podendo destinar este importe a outras obras