Aberta a convocatoria para elixir a persoa representante xuvenil da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas

Aberta a convocatoria para elixir a persoa representante xuvenil da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo abre a convocatoria para seleccionar a persoa que representará a mocidade do territorio nas redes xuvenís do Programa MaB da UNESCO e da Rede Española de Reservas de Biosfera. A […]

O CINCO VECES CAMPIÓN DO MUNDO DE PESCA CON MOSCA, DAVID ARCAY, VISITA O CEIP DA CASTELLANA

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP da Castellana recibiu unha visita moi especial: David Arcay , cinco veces campión do mundo de pesca con mosca. 🏆   🌿 A través do programa «Pescamos e coidamos», os escolares aprenderon a importancia de conservar os nosos ríos, coñecer as especies que […]

📢 MAÑÁ REMATA O PRAZO!

O Concello de Aranga lembra que mañá, xoves 8 de outubro, finaliza o prazo para solicitar as subvencións municipais destinadas a actividades culturais e deportivas durante o ano 2026. Estas axudas están dirixidas a asociacións e institucións sen ánimo de lucro de Aranga. 📅 Último día para presentar solicitudes: 8 de outubro de 2026. Animamos […]

ALERTA AMARELA POR CHOIVAS

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de nivel amarelo por choivas que afectará a toda Galicia durante a xornada de mañá, martes 6 de outubro. Segundo a previsión da AEMET, agárdanse precipitacións acumuladas de ata 15 mm nunha hora, polo que se recomenda extremar as precaucións e adoptar as medidas preventivas […]

FORMACIÓN EN CARPINTARÍA METÁLICA EN VILASANTAR

Dentro do Programa Rural e Lóxico VII, desenvolverase unha formación de iniciación á carpintaría metálica, organizada pola Asociación Raíña Paraíso e impartida pola Fundación Laboral da Construción de Galicia. 📅 Inicio: 6 de outubro de 2026 📍 Lugar: Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar As persoas interesadas poden solicitar máis información a través dos seguintes […]

Aberto o prazo para solicitar as subvencións municipais de cultura e deportes 2026

O Concello de Aranga abre o prazo para solicitar as subvencións municipais destinadas a asociacións e institucións sen ánimo de lucro en materia de cultura e deportes para o ano 2026. A convocatoria está dirixida ás entidades e asociacións legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, ás ANPA dos centros de ensino público […]

Aberto o prazo para solicitar as axudas de material escolar do curso 2026/2027

O Concello de Aranga abre o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de material escolar correspondentes ao curso 2026/2027. Estas axudas están dirixidas ás familias do municipio con nenos e nenas matriculados en cursos de Educación Infantil ou Primaria no centro público de ensino do Concello de Aranga, co obxectivo de contribuír aos […]

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm