Hoxe celebramos os 100 anos de Divina da Caropa, unha muller excepcional que deixou pegada en toda a comunidade! 💙 Unha homenaxe chea de emoción, lembranzas e agarimo para agradecerlle todo o que nos deu ao longo da súa vida. 💐 Un século de historia e sabedoría que compartimos con alegría e admiración.
A partir de mañá, mércores 19 de marzo, a Xunta prohibe as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia ata novo aviso. Isto significa que non se darán novos permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso. 📌 Queimas excluídasEsta prohibición non afecta ás queimas controladas realizadas polo Servizo de Prevención […]
A Xunta de Galicia aprobou recentemente dúas liñas de avais destinadas a facilitar a adquisición da primeira vivenda, unha medida que permitirá cubrir ata o 20 % do prezo de compra do inmoble. O obxectivo desta iniciativa é axudar ás persoas mozas e ás que opten por vivendas protexidas a acceder a un fogar en […]
O pasado 18 de marzo, o Concello de Aranga acolleu a charla “Aproximación ao Dano Cerebral Adquirido”, unha xornada formativa que reuniu veciños e veciñas interesados en coñecer máis sobre esta afectación, as súas causas e os recursos de atención dispoñibles. O evento, organizado por Dano Cerebral Galicia, coa colaboración do Concello de Aranga e […]
A mobilidade das persoas con discapacidade visual é fundamental para garantir a súa autonomía e plena inclusión na sociedade. Por este motivo, a lexislación española e autonómica recoñece o dereito de acceso ao entorno das persoas usuarias de cans guía, permitindo que poidan acceder a establecementos, medios de transporte e espazos públicos en igualdade de […]
A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo de matrícula para as escolas infantís públicas autonómicas de cara ao curso 2025-2026. Así o anunciou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, durante a súa visita á escola infantil de Rois, onde estivo acompañada polo alcalde do municipio, Ramón Tojo. 📅 Prazo de […]
Esta semana celebrouse a clausura do Curso de Formación TIC para persoas maiores, unha iniciativa que permitiu a moitos veciños e veciñas de Aranga adquirir habilidades dixitais esenciais para o día a día. 📱 Durante as sesións, os participantes aprenderon a manexar ferramentas como as videochamadas, a banca online, a solicitude de cita médica a […]
Se tes un pequeno de 0 a 3 anos e buscas un espazo seguro, educativo e gratuíto para o seu coidado, temos boas novas para ti! 🎉 Casa Niño Tartaruga abre o prazo de solicitudes para o curso 2025/26. 📅 Prazos: Do 10 ao 31 de marzo de 2025.📍 Onde? Casa Niño Tartaruga atópase en […]
Hoxe, no Concello de Aranga, sumámonos á conmemoración do Día Internacional da Muller. Un día para lembrar a loita histórica polas liberdades, polos dereitos e pola igualdade de oportunidades de todas as mulleres. 👩🌾👩🎓👩🔧👩⚕️👩🍳👩🏫 Desde as nosas aldeas ata o mundo enteiro, as mulleres son o piar fundamental das nosas comunidades, do noso presente e […]
A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria para as probas de acreditación dos certificados de lingua galega (Celga) nos niveis 1, 2, 3 e 4. 📅 Datas previstas: maio de 2025 (datas concretas por confirmar). 📍 Lugares de realización: Santiago de Compostela: Celga 1, 2, 3 e 4.Ponferrada e Madrid: Celga 2, 3 […]