Os servizos sociais comunitarios son o instrumento de protección social que garante a correcta
atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio, mediante un grupo de programas, servizos e actividades orientadas a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e de potenciar o benestar social da comunidade.
Os Servizos Sociais Comunitarios de Aranga están situados na planta baixa da Casa do Concello.
As citas serán concertadas previamente, nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono
646578768
Na nosa concellería, traballamos para ofrecer un apoio integral a persoas e familias que enfrontan desafíos sociais e económicos. Desde programas de asistencia financeira ata orientación emocional, estamos aquí para tender unha man amiga en momentos de necesidade e brindar ferramentas para superar obstáculos.
Os programas de actuación que desenvolven os Servizos Socias Comunitarios de Aranga son:
O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Prestación económica ou en especie de carácter urxente, finalista e extraordinario, destinada a paliar situacións de carencia transitorias, imprevistas ou excepcionais, así como para previr o agravamento das mesmas.
Programa social de atención nutricional dirixido a colectivos de persoas maiores e persoas en situación de dependencia. Ten como finalidade e obxectivo fundamental prestar apoio no domicilio a quen o precise e demande, mediante prestacións alimentarias e de seguimento persoal para mellor a calidade de vida e autonomía dos usuarios/as.
Posibilidade de acceder a un dispositivo con conexión telefónica ininterrompida a unha central de atención e utilizar ante situación de emerxencia no domicilio.
Prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.
Facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.
• Talleres de Memoria
• Vacacións do IMSERSO
• Programas de Termalismo
• Festa dos Maiores
Consiste no traballo, por parte dun técnico especializado, con familias ou persoas nas que se
detectan hábitos contraproducentes ou carencias nas súas aptitudes básicas. A maioría das
actuacións realizanse a partir da vida cotidiana da persoa ou do grupo familiar no seu fogar, xa
que é aquí onde as conductas desadaptadas se crean e se manteñen.
Ademais os Servizos Socias de Aranga contan con outros recursos de xestión externa ós que
se acceden a través dos Servizos Sociais Municipais.
Colaboración con Cruz Vermella Betanzos en todos aqueles programas solidarios que son beneficiosos para as familias e unidades e convivencia empadroadas no Concello que estean en situación de vulnerabilidade económica (reparto de alimentos, volta o cole solidaria, campaña de xoguetes, tarxeta moedeiro…).
Os concellos de Curtis, Sobrado, Boimorto, Coirós e Aranga asinaron un convenio coa Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade para dispoñer cun servizo de intervención dirixido a poboación infantil (0 a 6 anos), a súa familia e entorno. O equipo está formado polos servizos de logopedia, psicoloxía e fisioterapia. Atención gratuita mediante derivación de pediatría.
Localizada en Orosa e xestionada pola Terapeuta Ocupacional Marta Freire. É un servizo de atención diúrna especializado e individualizado. Conta con cinco prazas. As persoas beneficiarias deberán ser maiores de 60 anos e estar recoñecidas con Grao I de Dependencia ou sen dependencia. Servizo gratuito.
Localizada en Orosa e xestionada pola Educadora social Iria Villares. Modelo de atención a infancia de 0 a 3 anos adaptado a concellos do ámbito rural. Servizo de atención gratuita que conta con cinco prazas.
Praza Mestre Mosquera Nº1
15317 – Ponte Aranga – Aranga
Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm
Praza Mestre Mosquera Nº1
15317 – Ponte Aranga – Aranga
Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm