02/08/2024 - En Concello de Aranga

Con data 19 de decembro de 2023 aprobouse a seguinte Resolución da alcaldía de Aranga:

“ADHESIÓN Á POLÍTICA DE SINATURA ELECTRÓNICA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO NO CONCELLO DE ARANGA.

ANTECEDENTES:

Segundo a definición do Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica, publicado no BOE de 29
de xaneiro de 2010 (en adiante, ENI), unha política de sinatura electrónica e de certificados é o “conxunto de normas de seguridade, de organización, técnicas e legais para determinar como se
xeran, se verifican e se xestionan sinaturas electrónicas, incluíndo as características exixibles aos certificados de sinatura”.

Con carácter xeral, unha política de sinatura electrónica é un documento legal que contén unha serie de normas relativas á sinatura electrónica, organizadas arredor dos conceptos de xeración e
validación de sinatura, nun contexto particular (contractual, xurídico, legal), definindo as regras e obrigas de todos os actores involucrados no proceso. O obxectivo é determinar a validez da sinatura electrónica para unha transacción en particular, especificando a información que debe incluír a persoa asinante no proceso de xeración da sinatura e a información que se debe comprobar no proceso de validación desta.

O apartado 1 do artigo 18 do ENI, establece que “A Administración Xeral do Estado definirá unha política de sinatura electrónica e de certificados que servirá de marco xeral de interoperabilidade
para a autenticación e o recoñecemento mutuo de sinaturas electrónicas dentro do seu ámbito de actuación. Non obstante, dita política poderá ser utilizada como referencia por outras
Administracións Públicas para definir as políticas de certificados e sinaturas a recoñecer dentro dos seus ámbitos competenciais”. Igualmente, o apartado 6 do mesmo precepto establece que “Os perfís comúns dos campos dos certificados definidos pola política de sinatura electrónica e de certificados posibilitarán a interoperabilidade entre as aplicacións usuarias, de maneira que tanto a identificación como a sinatura electrónica xerada a partir destes perfís comúns poidan ser recoñecidos polas aplicacións das distintas Administracións Públicas sen ningún tipo de restricción técnica, semántica ou organizativa.

En desenvolvemento de dita norma, con data 30 de maio de 2012, a Comisión Permanente do Consello Superior de Administración Electrónica aprobou a versión 1.9 da política de sinatura
electrónica e de certificados (OID 2.16.724.1.3.1.1.2.1.9). Posteriormente, con data 13 de decembro de 2012 se publicou no Boletín Oficial do Estado a Resolución de 29 de novembro de 2012, da
Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se publica o Acordo de aprobación da Política de Sinatura Electrónica e de Certificados da Administración Xeral do Estado e se anuncia a súa publicación na sede correspondente.

Neste contexto normativo, a Norma Técnica de Interoperabilidade de política de sinatura e selo electrónicos e de certificados da Administración, aprobada pola Resolución de 27 de outubro de
2016 (BOE de 3 de novembro), da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, na súa sección II.5 sobre interacción con outras políticas, establece que «cada organización valorará a necesidade e conveniencia de desenvolver unha política propia fronte á posibilidade de utilizar unha política marco existente». Ademais, na mesma sección se indica que “no caso de que nunha organización se desexen normalizar unicamente aspectos técnicos das sinaturas electrónicas, se optará por outro instrumento distinto dunha Política de sinatura e selo, como instrucións técnicas internas ou directrices de aplicacións”.

Examinada a política de sinatura electrónica e de certificados da Administración Xeral do Estado, se considera que é coherente coa normativa de administración electrónica do Concello de Aranga e plenamente asumible nos seus aspectos técnicos, polo que, coa súa adopción pretende dar un paso claro para favorecer a interoperabilidade entre administración públicas, o que redundará dunha maneira inmediata na simplificación de trámites para os cidadáns.

No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, RESOLVO:

PRIMEIRO: establecer a política de sinatura electrónica e de certificados da administración xeral do estado, de data 29 de novembro de 2012 e publicada no BOE de 13 de decembro de 2012, como política de sinatura electrónica e de certificados do Concello de Aranga.

SEGUNDO: definir os seguintes datos como identificadores do xestor da política de sinatura electrónica:
Nome do xestor: Alcaldía
Dirección de contacto: seguridade@aranga.gal

TERCEIRO: ordenar a publicación deste documento no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na sede electrónica deste concello.”

  • ANUNCIO_PROG_20231219133000397_ANEXO_1702989001-0 pdf (141kb) [ descarga]

Conecta connosco

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm