ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL

ARANGA

Secretaría – Intervención

Acordos organizativos do pleno municipal para o período 2023-2027

ANUNCIO.-

ACORDOS ADOPTADOS EN MATERIA ORGANIZATIVA POLO PLENO MUNICIPAL DE ARANGA.-

O concello de Aranga en sesión celebrada o día dez de xullo de 2023, adoptou os seguints acordos en materia organizativa para o período 2023-2027, que se fan públicos para xeral coñecemento:

RÉXIME DE SESIÓNS

O pleno municipal celebrará sesión ordinaria os útimos xoves de cada bimestre, as dezaoito horas, na sala de sesións
da casa do Concello.

CREACIÓN DE COMISIÓNS INFORMATIVAS

Acordouse a creación das seguintes Comisións Informativas municipais, integradas, ademáis de polo alcalde, que as presidirá, polos seguintes membros:

  • Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas: dous concelleiros/as do Grupo do Partido Popular e dous concelleiros/as do Grupo de Partido Socialista de Galicia -PSOE.
  • Comisión Municipal de Urbanismo: dous concelleiros/as do Grupo do Partido Popular e dous concelleiros/as do Grupo de Partido Socialista de Galicia -PSOE.
  • Comisión Municipal de Subvencións: un concelleiro/a do Grupo do Partido Popular e un concelleiro/a do Grupo de Partido Socialista de Galicia -PSOE.

CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO PLENO.

Acórdase a creación da Xunta de Goberno Local.

O pleno municipal delega na Xunta de goberno local a totalidade das atribucións delegables enumeradas no artigos 22 da lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local, excepto as excluídas no apartado 4 do dito artigo, e as enumeradas no artigo 64 da lei 5/1997 de 22 de xullo da Administración Local de Galicia, excepto as do apartado cuarto, asi como as contempladas nos apartados 2 e 3 da disposición adicional segunda da lei 9/2017 de 8 de novembro de contratos do sector público.

Esta delegación inclúe todas as facultades que ten asinadas o pleno municipal.

RÉXIMEN DE DEDICACIÓNS E ASISTENCIAS

Aprobouse recoñecer á dedicación exclusiva do alcalde, cunhas retribucións brutas anuais de 38.631,18 € divididos en catorce pagas, e unha dedicación parcial do 75% da xornadas ao Primeiro Teniente de Alcalde, cunha retribución bruta anual de 23.111,76 € dividida en catorce pagas.

As cuantías asinadas actualizaránse según o establecido para os funcionarios na lei d de orzamentos xerais do Estado de cada ano.
Causarán alta na seguridade social , asumindo o concello as cuotas empresariais que correspondan.

Os membros da corporación que non desempeñen os cargos con dedicación, percibirán pola concurrencia efectiva as sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, a cantidade de 80,00 € por sesión.

Aranga, 11 de xullo de 2023

O Alcalde

Asdo. Alberto Platas Álvarez

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm