26/08/2024 - En Concello de Aranga

IV PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO DE ARANGA

O IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Aranga deseñouse coma unha ferramenta de traballo para orientar as políticas municipais, cara a promoción da igualdade real entre mulleres e homes do concello.

O plan formulou unha estratexia de traballo transversal para desenvolver a medio prazo na administración municipal. Intentouse facer partícipe ao maior número de axentes sociais e de implicar de forma activa ao persoal técnico e político municipal no seu desenvolvemento para chegar ao maior número de veciñas e veciños a través dos proxectos e actuacións recollidas no plan.

A continuación relaciónanse os obxectivos a acadar coa elaboración do IV PIOM do concello de Aranga e as fases para a súa elaboración, os principios nos que se basea e as accións principais.

Trala exposición relativa á recollida e tratamento da información presentase o apartado de resultados no que reflectimos para cada unha das áreas de actuación, os obxectivos marcados e as medidas de acción propostas, a descrición das accións, os resultados destas accións e os axentes implicados.

Tendo en conta que a diagnose dun PIOM debería ir máis aló do proceso de recollida e exposición de datos, no presente documento emítese un ditame técnico sobre o avaliado, formulando conclusións e expoñendo os principais obstáculos e facilitadores resultado do período de vixencia do IV PIOM, así como, aportando unha serie de recomendacións cara á elaboración do IV PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO DE ARANGA.

A situación xerada pola irrupción do COVID-19 no primeiro trimestre de 2020, provocando unha situación de emerxencia e alarma en toda España, e afectando tamén ao traballo e as prioridades das administracións locais explica o retraso na avaliación do III PMIO e no proceso da elaboración de do IV PMIO de Aranga.

  • IV PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES ARANGA pdf (3457kb) [ descarga]

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm