Modificación RPT
Elevado a definitivo o acordo plenario do 09/06/2022 de aprobación da modificación da RPT no concello de Aranga, de conformidade co disposto no artigo 127 do Real Decreto 781/1986 que aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en material de réxime local e o artigo 202 da lei 2/2015 de 29 de abril de emprego público de Galicia, procédese á publicación do cadro resume da dita modificación:
Creación de dous postos novos de administrativos adscritos ao departamento de secretaría-intervención, vinculados a promoción interna, postos reservados a empregados propios da administración local.
A cobertura das prazas correspondentes, e polo tanto , a selección do pesoal ocupante das mesmas , e que se deberán adscribir aos postos, realizaráse mediante a promoción interna; sen prexuicio de que , no caso de que si ditas vacantes resultan desertas, se poidan incorporar de considerse oportuno e con arranxo ás previsión legais, á quenda de acceso libre.
En todo caso, de materializarse a cobertura das prazas, as prazas o postos correspondentes que queden vacantes, serán obxecto de amortización.
Reforzo do Departamento de Servizos Sociais e Cultura mediante a creación dun novo posto de auxiliar administrativo:
Amortización do seguinte posto:
Contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa poderá interpoñerse, de conformidade co artigo 112.3 da lei 39/2015 de 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados dende o seguinte á publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso administrativo competente.
Aranga, 15 de xullo de 2022
O alcalde
Asdo: Alberto Platas Álvarez
Aprobación definitiva da relación de postos de traballo e organigrama do concello de Aranga
O Pleno da Corporación, na sesión de data 25/10/2018, aprobou definitivamente a relación de postos de traballo e o organigrama do Concello de Aranga, polo que de conformidade co establecido no artigo 127 do Real Decreto 781/1986 que aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local e o artigo 202 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, publícase o cadro resume da dita aprobación.
De conformidade co artigo 112.3 da Lei 39/2015 de Procedemento administrativo común das Administracións Públicas, contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse directamente recurso contenciosoadministrativo no prazo de dous meses, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente.
Abreviaturas empregadas
Tipo:
Corpo/Escala ou categoría:
Prov.: Forma de provisión:
Reserva nacional:
Titulación:
Formación específica*
Administración:
Observacións:
Especial dispoñibilidade e adicación: sinala os postos que, polas súas características, recoméndase teñan total dispoñibilidade e adicación.
Aranga, 15 de novembro de 2018.
O alcalde
Asdo.: Alberto Platas Álvarez