ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL
ARANGA
Secretaría – Intervención
Anuncio de resolucións da alcaldía en materia organizativa
ANUNCIO.-
RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA EN MATERIA ORGANIZATIVA.
De conformidade co disposto no Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro, que aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (en adiante ROF), faíse público que se ditaron as seguintes resolucións pola alcaldía, en materia organizativa, para o período 2023-2027:
NOMEAMENTO DOS TENIENTES DE ALCALDE
De conformidade co artigo 46 do ROF, se nomean os seguintes Tenientes de Alcalde:
- Primeiro Teniente de Alcalde: D. Jose Miguel Iglesias Ares
- Segunda Teniente de Alcalde: Dª. Eva María Sánchez Brañas
- Terceira Teniente de Alcalde: Dª. Marta Freire Vázquez
NOMEAMENTO DOS MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, RÉXIME DE SESIÓNS E DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS
A Xunta de Goberno Local queda integrada polo alcalde e os tres Tenientes de alcalde.A periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de goberno loacal será quincenal , celebrándose o segundo e cuarto xoves de cada mes, as 9:30 horas, agas no mes de agosto. Cando ditos días coincidan en festivo ou sexa día inhábil, se celebrará a sesión ordinaria o xoves seguinte.
Segundo os artigos 43 e 53 do ROF e o artigo 23. da lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local, a Xunta de Goberno local terá asinadas as seguintes funcións:
1º. A asistencia permanente ao Alcade no exercicio das súas atribucións.
2º.- As atribucións que esta Alcaldía delega de forma expresa, e que son:
- a)-Autorizar e dispoer gastos dentro dos límites da súa competencia e o recoñecemento das obrigas e a aprobación das facturas que correspondan ao desenrolo normal do orzamento a partir da cuantía de 5.000,00 €, salvo casos de urxencia xustificada na que corresponderá ao Alcalde dando conta a Xunta do Goberno na primeira sesión que se celebre, e segundo o que se estableza nas bases de execución do orzamento.
- b)- Aprobar a convocatoria e as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo e a declaración de situacións administrativas.
- c)- Aprobar os instrumentos de planeamento de desenrrolo do planeamento xeral non expresamente atribuidas ao pleno, así como as dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
- d)- Sancionar as faltas de desobediencia á autoridade do alcalde o pola infracción das ordenanzas municipais , salvo os casos en que este atribuída esta facultade a outros órganos.
- e) As contratacións e concesión de toda clase de obras, servizos , suministros, concesión de obras e servizos e contratos administrativos espeicais cando o seu importe supere os 5.000,00 € e non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do ozamento ni, en calquer caso, os seis millóns de eruos, incluídas as de carácter plurianual, cando a súa duración non sexa superior dos catro anos , sempre que o importe acumulado de todas sus anualidades non supere o porcentaxe indicado, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, ni a cuantía indicada , conforme ao disposto na disposición adicional segunda da lei 9/2017 de Contratos do Sectopr Público.
- f)- A aprobación dos proxectos de obras e dos servizos cando sea competente para a súa contratación o concesión e estén previstos no orzamento.
- g).- A adxudicación de concesións sobre bens e a adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o dez por cento dos recursos ordinarios do orzamento ni os tres millóns de euros, así como a enaxenación do patrimonio que non supere o porcentaxe nin a cuantía indicada , salvo os bens declaraciós de valor histórico ou artístico.
- h)- O otorgamento de licencias urbanísticas en xeral, e as súas prórrogas, licenzas de primeria ocupación, apertura, actividade, segregación, parcelación e emisión de informes requeidos pola normativa sectorial salvo que a Leis sectoriais o atribuian ao pleno , así como a toma en coñecemento das declaracións responsables.
- i)- A aprobación de certificacións de obras e das actas de recepción ou entrega.
- j)- As Devolucións de fianzas de todo tipo de contratos ,concesiones, actuaciones, licenzas ou permisos de asuntos competencia da Xunta de goberno local.
- k)- Resolver os recursos de reposición que se interpoñan contra os acordos ditados no exercicio de facultades delegadas.
l)- As demais que expresamente le atribuian as leis.
O exposto sen prexuicio das avocacións que poida dispoer a alcaldía mediante resolución formal.
NOMEAMENTO DE CONCELLEIROS DELEGADOS
Mediante Resolución da alcaldía noméanse:
- Concelleiro delegado de obras municipais: D. Jose Miguel Iglesias Ares.
- Concelleira delegada de Cultura e deportes: Dª.Eva María Sánchez Brañas
- Concelleira delegada de Servizos Sociais e Igualdade: Dª. Marta Freire Vázquez
Estas delegacións abarcan as facultades de dirección, organización e xestión dos servizos e actividades incluídos en cada ámbito de actuación, perno non a facultade de resolver mediante actos que afecten a terceiros.
Aranga,11 de xullo de 2023. O alcalde.
Asdo. Alberto Platas Álvarez