O Alcalde

É do meu agrado darvos un saúdo a todos os visitantes que decidades coñecer virtualmente o noso concello.

O concello está ubicado entre os límites da Provincia da Coruña e Lugo podendo encontrar nel paisaxes naturais moi agradables, un patrimonio artístico-cultural excepcional e variadas festas e romarías durante todo o ano. Esta páxina tamén pretende ser un instrumento de comunicación, aproveitando as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías para achegar e facilitar os servizos e a información a todos os veciños do municipio e aos visitantes.

Por isto convídovos a acceder a este portal e a facer as suxestións que vexades oportunas. Sen dúbida axudaranos a seguir mellorando.

Alberto Platas Álvarez

Alcalde

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm