Artigo 1º.-
De conformidade co que establece o artigo 59 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, o concello de Aranga establece o Imposto sobre Bens Inmobles, en cumprimento do mandato imperativo contido no dito artigo.
O imposto sobre bens inmobles, rexerase neste municipio polas normas reguladoras do imposto, contidas no Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais , aprobado polo Real Decreto 2/2004 de 5 de marzo, e polas demáis disposicións legais e regulamentarias que cumplimenten e desenvolvan esta lei, así como pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2º.-
De conformidade co disposto no artigo 72 do Texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, os tipos de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles quedan fixados nos seguintes termos:
1) O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable aos de natureza urbana queda fixado no 0,50%.
2) O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable aos de natureza rústica queda fixado no 0,50%.
3) O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable aos bens inmobles de características especiais queda fixado no 1,3%.
Artigo 3º.-
O coeficiente para a obtención do valor base utilizable para o cálculo da reducción da base imponible prevista no artigo 68 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aplicable aos inmobles rústicos con construcción, queda fixado no 0,72.
Artigo 4º.-
Por razón de criterios de eficiencia e de economía na xestión recadatoria do tributo, de conformidade co artigo 63.4 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, establécese a exención dos bens inmobles urbanos, cuxa cota líquida non supere a cantidade de 2,40 euros, e dos bens inmobles rústicos, cuxa cota líquida non supere a contía de 1 euro.
Artigo 5º.-
Gozarán dunha bonificación da cota tributaria íntegra do imposto sobre do inmoble , os suxeitos pasivos que obstenten a condición de titulares de familia numerosa.
Esta bonificación aplicarase á vivenda habitual dos suxeitos pasivos que obstenten a condición de titulares de familias numerosas e esten empadroados, coas seguintes características:
Categoría familia numerosa
Bonificación catastral
Xeral 50%
Especial 90%
Os suxeitos pasivos que, cumprindo os requisitos que se establecen, poidan gozar desta bonificación, deberán presentar a correspondente solicitude dirixida ao Excmo. Sr. presidente da Deputación da Coruña, antes do 31 de marzo do ano correspondente ao período impositivo no que pretendan que teña efecto.
Xunto co escrito deberá presentar:
– Unha fotocopia compulsada do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
– Un certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano anterior, no que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita a bonificación.
Á vista da documentación que se presente, a Excma. Deputación Provincial da Coruña ditará unha resolución concedendo ou denegando a bonificación que se solicita. A bonificación outorgada só terá efecto para o período impositivo no que se solicite, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen cumprindo os requisitos para o seu desfrute. A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión e conseguinte denegación da bonificación solicitada.
Artigo 6º.-
No non expresamente previsto nesta Ordenanza rexerán os preceptos que se conteñen na Subsección 2ª, da sección 3ª, do capítulo II, do título II do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, da Lei do catastro inmobiliario aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, ambas as dúas coas modificacións introducidas polas Disposicións adicionais sétima e décima da Lei 16/2007, de 4 de xullo, así como polas Leis concordantes e complementarias destas e as demais Leis do estado reguladoras da materia, así como das disposicións ditadas no seu desenvolvemento.
Disposición final:
A presente Ordenanza entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comenzará a súa aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2015, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación.O día da súa entrada en vigor, quedará derogada a anteiror Ordenanza Fiscal nº 1 reguladora do tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
BOP nº 234 de 05/12/2014:
Corrección de erro detectado no edicto relativo á aprobación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles:
Advertido un erro no edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia número 133 do 15 de xullo de 2014, relativo á aprobación definitiva da nova Ordenanza Fiscal nº 1 reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, no artigo 2º, faíse público.