APROBACIÓN DE ORDENANZAS

ANUNCIO

O Pleno Municipal, na sesión que se realizou o día 29 de decembro de 2011, adoptou o seguinte acordo:

-Aprobar, provisionalmente, a imposición e ordenación das seguintes ordenanzas:

Ordenanza nº 14: Reguladora da tasa pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais.

Ordenanza nº 15: Reguladora do prezo público pola realización de actividades culturais e deportivas.

Exponse ao público o presente acordo durante o prazo de trinta días, que se contarán a partir do seguinte á inserción deste anuncio no BOP, dentro do cal os interesados poderán examinar os expedientes na Secretaría-Intervención, e presentar as reclamacións ou as suxestións que estimen oportunas.

De non presenarse reclamacións durante o dito prazo, o acordo provisional quedará elevado a definitivo automáticamente.

APROBACIÓN DE ORDENANZAS

ANUNCIO

O Pleno Municipal, na sesión que realizou o día 29 de decembro de 2011, aprobou inicialmente a Ordenanza Municipal reguladora das actividades de corta forestal, depósito, carga e transporte de Madeira no Concelo de Aranga.

A tal efecto, ábrese un período de exposición pública dando audiencia aos interesados para que no prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidan presentar as reclamacións e sugerencias que estimen pertinentes, que serán resoltas polo pleno municipal.

No caso de non presentarse reclamacións nin alegacións, esta ordenanza municipal considerarase elevada a definitiva, sen máis trámite.

Anterior ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS ACTIVIDADES DE CORTA FORESTAL, DEPÓSITO, CARGA E TRANSPORTE DE MADEIRA

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm