O pleno municipal

PLENO MUNICIPAL 2019

 

Na Sesión Constitutiva celebrada ás trece horas do día 15 de xuño de 2019, procedeuse á constitución da nova Corporación Municipal.

Na mesma sesión foi nomeado e tomou posesión do seu cargo de ALCALDE D. ALBERTO PLATAS ÁLVAREZ.

PLENO MUNICIPAL 2019-2023


A NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL QUEDA INTEGRADA POLOS SEGUINTES CONSELLEIROS:

D. ALBERTO PLATAS ÁLVAREZ (PP): ALCALDE-PRESIDENTE

Dª EVA MARÍA SÁNCHEZ BRAÑAS (PP)

D.JOSÉ MIGUEL IGLESIAS ARES (PP)

D. DIEGO VÁZQUEZ GARCÍA(PP)

Dª. AMPARO RIVAS PENA (PP)

Dª SANDRA PENA BARBEITO (PSDE G-PSOE)

D. CARLOS PLATAS ROCHA (PSDE G-PSOE)

D. MANUEL SÁNCHEZ CARRO (PSDE G-PSOE)

D. RUBÉN GARCÍA VIDAL (PSDE G-PSOE)

NA SESIÓN DO 27/06/2019 DOUSE CONTA DA CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS E OS SEUS PORTAVOCES:

– GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR, INTEGRADO POR : ALBERTO PLATAS ÁLVAREZ (ALCALDE), EVA MARÍA SÁNCHEZ BRAÑAS,JOSE MIGUEL IGLESIAS ARES , DIEGO VÁZQUEZ GARCÍA, E AMPARO RIVAS PENA. PORTAVOZ: ALBERTO PLATAS ÁLVAREZ. SUPLENTE: EVA MARÍA SÁNCHEZ BRAÑAS.

– GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO SOCIALISTA E GALICIA-PSOE , INTEGRADO POR: SANDRA PENA BARBEITO, CARLOS PLATAS ROCHA, MANUEL SÁNCHEZ CARRO E RUBÉN GARCÍA VIDAL.. PORTAVOZ: SANDRA PENA BARBEITO. SUPLENTE: CARLOS PLATAS ROCHA.

Na mesma sesión acordouse, en relación co réxime de sesións plenarias: celebraránse sesións ordinarias do Pleno Municipal os últimos mércores de cada bimestre (comenzando o mes de agosto) ás trece horas, na sala de sesións da Casa Consistorial.

Tamén se acordou a delegación de competencias do Pleno na Xunta de Gberno Local: o Pleno Municipal delega na Xunta de Goberno Local as atribucións previstas no artigo 22 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, excepto as excluídas expresamente no apartado 4 do dito artigo, segundo a redacción dada pola lei 11/1999 do 21 de abril.delega polo tanto , as seguintes competencias:

– O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación en materia de competencias plenarias

– A declaración de lesividade dos actos do concello

– A concertación das operacións de crédito cuxa cuantía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por cento dos recurso ordinarios do orzamento,- salvo as de tesorería que le corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere el 15% dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior) todo isto de conformidade co disposto na lei reguladora das facendas locais.

– A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación e concesión, e cando non esten previstos no orzamento.

– Delegar, de conformidade co establecido no artigo 61.2 da lei 9/2017 de 8 de novembro de contratos do sector público texto refundido da lei de contratos do sector público aprobado por real decreto lexislativo 3/2011 de 14 de novembro , as competencias asinadas ao pleno municipal no apartado segundo da disposición adicional segunda do dito texto refundido , e decir, a competencia como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, suministros, servizos , contratos de concesión de obras e servizos e contratos administrativos especiais , cando o seu valor estimado supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento ou os seis millóns de euros , incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración sexza superior aos catro anos, sempre que o importe acumulado das súas anualidades supere o porcentaxe indicado, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio na cuantía sinalada.

A delegación inclué todas as facultades que ten o pleno municipal.pere o porcentaxe e a cuantía indicados.

Anterior Acta sesión plenaria nº 06/2019

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm