Xunta de goberno local

“RESOLUCIÓN DE NOMEAMENTO DOS MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, RÉXIME DE SESIÓNS E COMPETENCIAS.
 EXPEDIENTE: 2019/G003/000268.
ANTECEDENTES
De conformidade coa posibilidade prevista no artigo 20.1.b) da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases do Réximen Local e 35.2.d e 112 e seguintes do Real Deceto 2568/1986 de 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Entidades Locais, e por razóns de maior garantía do interés público, para conseguir maior eficacia e consenso , propónse a creacción da Xunta de Goberno Local.
No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local,
RESOLVO:
Primeiro : Que a Xunta do Goberno Local, presidida por esta Alcaldía, este integrada por Tres Concelleiros, número non superior ao tercio do número legal de mebros da Corporación, e que son :
Primeiro Teniente de Alcalde: Dª.Eva María Sánchez Brañas
Segundo Teniente de Alcalde: D.Jose Miguel Iglesias Ares
Terceiro Teniente de Alcalde: D. Diego Vázquez García
Segundo: Á Xunta de Goberno Local así integrada e baixo a presidencia desta Alcaldía, terá asinadas as seguintes atribucións, segundo o establecido nos artigos 23 da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases do Réximen Local e o artígo 43 e 53 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Entidades Locais aprobado polo Real Decreto lexislativo 2568/1986 de 28 de novembro:
1º.- A Asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das suas atribucións a tenor do disposto no artígo 23 .2.a) da Lei Reguladora das Bases do Réximen Local e o artígo 53 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réximen Xurídico das Entidades Locais.
2º.- As atribucións que esta Alcaldía delega de forma expresa, e que son :
a)- Dispoer gastos dentro dos límites da súa competencia e ordear pagos así como a aprobación das facturas que correspondan ao desenrolo normal do orzamento a partir da cuantía de 5.000,00 €, salvo casos de urxencia xustificada na que corresponderá ao Alcalde dando conta a Xunta do Goberno na primeira sesión que se celebre.
b)- Aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento e a plantilla aprobada polo Pleno, aprobar as bases das probas oara a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo.
c)- Aprobar os instrumentos de planeamento de desenrrolo do planeamento xeral non expresamente atribuidas ao pleno, así como as dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
d)-Sancionar as faltas de desobediencia á autoridade do alcalde o pola infracción das ordenanzas municipais , salvo os casos en que este atribuída esta facultade a outros órganos.
e)-As contratacións e concesión de toda clase de obras, servizos , suministros, concesión de obras e servizos e contratos administrativos espeicais cando o seu importe supere os 5.000,00 € e non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do ozamento ni, en calquer caso, os seis millóns de eruos, incluídas as de carácter plurianual, cando a súa duración non sexa superior dos catro anos , sempre que o importe acumulado de todas sus anualidades non supere o porcentaxe indicado, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, ni a cuantía indicada , conforme ao disposto na disposición adicional segunda da lei 9/2017 de Contratos do Sectopr Público.
f)- A aprobación dos proxectos de obras e dos servizos cando sea competente para a súa contratación o concesión e estén previstos no orzamento.
 g).- A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o dez por cento dos recursos ordinarios do orzamento ni os tres millóns de euros, así como a enaxenación do patrimonio que non supere o porcentaxe nin a cuantía indicada .
h)- O otorgamento de licencias de obra ou de actividade ou de apertura , salvo que a Leis sectoriais o atribuian ao pleno .
i)- A aprobación de certifiacións de obras
j)- A resolución dos recursos de reposición que se interpoñan contra os acordos en materias delegadas.
k)- As Devolucións de fianzas de todo tipo de contratos ,concesiones, actuaciones, licenzas ou permisos de asuntos competencia da Xunta de goberno local.
l)- As demais que expresamente le atribuian as leis.
3º.- As competencias que lle delegue o pleno municipal.
Queda derogada expresamente a Resolución do 26 de xuño de 2015.
Terceiro: Todo o anterior sen prexuicio das avocacións que poida dispoer a Alcaldía mediante resolución formal segundo establece o artigo 10 da lei 40/2015 do 1 de outubro de Réxime Xurídico do Sector Público.
Cuarto: A Xunta do Goberno Local celebrará sesión constitutiva no prazo de dez días dende a resolución da desinación dos seus integantes , as trece horas, de conformidade co artígo 112.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 de 18 de novembro.
Quinto: A periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de goberno local será quincenal , celebrándose os días 15 e 30 da cada mes, as trece horas, excepto o mes de febrero que será o día 28. Cando dichos días coincidan en festivo o en día inhábil, se celebrará sesión ordinaria o día hábil seguinte.
Sexto: Da presente Resolución dárase conta ao pleno na primeira sesión organizativa que se celebre e publicaráse no Boletín Oficial da Provincia e notificaráse persoalmente aos designados para a súa aceptación.
En Aranga, xoves 20 de xuño de 2019.O Alcalde-Presidente :Alberto Platas
Álvarez.”

CERTIFICACIÓN
Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga, secretario do Concello de Aranga, agás erro ou omisión involuntaria, CERTIFICO o acordo que deseguido transcribo do borrador da acta da sesión plenaria do 27/06/2019:
“5.- ACORDO DE CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.
A alcaldía procede á lectura da súa proposta:
“Constituída a nova Corporación , na sesión de fecha 15 de xuño de 2019, como consecuencia das eleccións municipais celebradas o día 26 de maio, e logo de ver o artígo 20.1.b) da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réximen Local e do artígo 35 do Regulamento de Organización, funcionamento e réximen xurídico das entidades locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro, que establecen que a Xunta do Goberno Local existe nos Concellos de máis de 5000 habitantes e, nos de menos, cando así o estableza o seu Regulamento Orgánico ou ó acorde o pleno municipal.
Considerando que neste Concello, para unha máis áxil e eficaz actuación, se considero conveniente dispoer da Xunta do Goberno Local, é polo que propoño a o Pleno Municipal:
Primeiro :Que a organización municipal se continúe completando coa Xunta do Goberno Local, que estará integrada polo Alcalde que a presidirá e un número de Concelleiros non superior ao tercio do número legal de membros da Corporación, concretamente tres , que serán nomeados e separados libremente polo Alcalde,dando conta ao Pleno Municipal.
Segundo: A Xunta do Goberno local asiste permanentemente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións e exercerá as atribucións que le deleguen o Alcalde e o Pleno Municipal asi como as atribucións que expresamente le atribuian as leis.
Aranga, a 18 de xuño de 2019.O ALCALDE :Asdo: Alberto Platas Álvarez.”
O alcalde defende esta proposta en base a axilidade que se adquire na tramitación dos expedientes.
 Sandra Pena Barbeito manifesta que o seu grupo é contrario á existencia deste órgano municipal. En primeiro lugar porque non se trata dun órgano preceptivo, segundo establece a lexislación, e ademáis se lle delegan competencias do pleno municipal, privando de potestades sobre diversas cuestións que son competencia do pleno municipal. Por esto o seu voto será contrario a súa creación.
O Alcalde contestalle que se lles remiten as actas das sesións da Xunta de Goberno Local a todos os concelleiros, para informarlles dos asuntos que se tratan.
Sandra Pena Barbeito solicita que as actas da Xunta de Goberno Local se lles remitan no prazo marcado na lei e solicita igualmente que se les avise dos asuntos que se traten nas sesións deste órgano por delegación do pleno, a efectos de poder asistir a sesión.
O alcalde contestalle que atende esta solicitude e se lles dará aviso para facilitar a súa asistencia as sesións nas que se traten asuntos delegados, sen prexuicio da publicación da convocatoria na web.
Sometida a votación a proposta da alcaldía, queda aprobada por cinco votos a favor do grupo popular e catro en contra do grupo socialista.”
E para que conste, asino o presente certificado co visto e prace do alcalde, coas limitacións do estabelecido no artigo 206 do RD 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento, organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, co visto e prace do alcalde.
Aranga, venres 28 de xuño de 2019
A secretaria, Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga
O alcalde, Alberto Platas Álvarez

Anterior O pleno municipal

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm