Información sobre Ponte Aranga
En Ponte Aranga sitúase a famosa ponte sobre o Río Mandeo que lle dá nome ao lugar. A actual construción da ponte data do século XVII, aínda que é segura a existencia dunha ponte anterior a esta, probablemente de madeira. Ademais da ponte localízanse dous dos referentes
relixiosos e culturais máis importantes do territorio. Trátase da Igrexa de San Paio de Aranga (Barroco) e a coñecida como A Fonte da Santa Cruz.