O Concello de Aranga iniciou o 7 de agosto unha campaña de compostaxe doméstica, entregando material e ofrecendo formación básica a veciños e veciñas participantes. A iniciativa está aberta a todos os residentes con terreo superior a 50 metros cadrados que desexen reciclar os seus residuos orgánicos. O programa, financiado por fondos europeos e autonómicos, inclúe un seguimento ao longo de 2024.
📞 Teléfono: 647 521 464
✉️ Email: residuos@aranga.gal
🌐 Web: aranga.rsu.gal