ACTA Nº 2024/7
SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN
– SALA DE SESIONS DA CASA CONSISTORIAL, XOVES 29 DE AGOSTO DE 2024 –
No día de hoxe, ás 18:00 horas, baixo a presidencia da alcaldesa, reúnense os concelleiros e concelleiras que se indican, coa asistencia do secretario, que subscribe, co obxecto de celebrar, en primeira convocatoria, Sesión Ordinaria do Pleno da Corporación.
PRESIDE:
ALBERTO PLATAS ALVAREZ
ASISTEN:
PP
JOSE MIGUEL IGLESIAS ARES
EVA MARIA SANCHEZ BRAÑAS
MARTA FREIRE VAZQUEZ
AMPARO RIVAS PENA
PSOE
RUBEN GARCIA VIDAL
CARLOS PLATAS ROCHA
SANDRA PENA BARBEITO
MANUEL SANCHEZ CARRO
AUSENCIAS:
SECRETARIA:
ANA MARIA OCAMPO PEREZ GOROSTIAGA
Constátase a presenza de membros deste órgano en quórum suficiente, polo que o alcalde, como Presidente, declara aberta a sesión. Procédese a tratar os asuntos incluídos na ORDE DO DÍA.
1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE ,DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.-
O Alcalde, Alberto Platas Álvarez , pregunta se algún membro do pleno municipal quere formular algunha observación ao borrador da acta da sesión anterior que foi previamente distribuida coa convocatoria. Non formulándose observacións, queda aprobada a acta da sesión do 27/06/2024 por unanimidade dos membros presentes, manifestando Sandra Pena Barbeito que se remite á grabación das actas.
2. DECRETOS, BANDOS E RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
Dáse conta dos decretos , bandos e resolucións da alcaldía ditados dende a última sesiónordinaria celebrada, e decir, os comprendidos entre os números 2024/G003/000192 268.
Sandra Pena pregunta, en relación coa Resolución 2024/G003/000229 na que se nombra alcalde en funcións por ausentarse do termo municipal por motivos persoais, si se refire ás vacacións e o alcalde contestalle que si eran uns días de vacacións.
Pregunta en relación coa Resolución 2024/G003/000230 se o incremento do 2% aplicouse aos cargos electos ao que se lle responde que non, pese a estar previsto no orzamento.
Os membros do pleno quedan enterados do contido dos mesmos, sen formular observacións.
3.-RATIFICACIÓN DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
Dáse conta das seguintes resolucións , a efectos da súa posible ratificación:
-Resolución 2024/G003/000207 relativa a adhesión á Central de contratación da FEGAMP de servizos postais e telegráficos. Ratifícase por unanimidade de todos os membros do pleno.
-Resolución 2024/G003/000220 relativa á solicitude de subvención para accións de impulsto da Axenda 2030. Queda ratificaca por cinco votos a favor do grupo de goberno e a abstención, por descoñecemento do seu contido, dos catro membros da oposición.
– Resolución 2024/G003/000245 relativa á solicitude de subvención conxunta dos concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Boimorto e Coirós para aprestación de servizos no marco da Rede galega de Atención Temperá e encomenda da xestión ao concello de Curtis. Queda ratificada
por unanimidade dos membros do pleno.
4.-DACIÓN EN CONTA DOS INFORMES REMITIDOS AO MINISTERIO DE FACENDA.
Dáse conta da remisión , a través da Oficial virtual de Coordinación Financieira coas Entidades Locais , tanto dos datos do estado de execución dos orzamentos correspondente ao segundo trimestre asi como dos datos do PMP do segundo trimestre ( 4,66 días).
Dáse conta , igualmente, da remisión con data 26/08/2024 da información relativa ás liñas fundamentais dos orzamentos o ano 2025.
Os membros do pleno quedan enterados do contido dos informes.
5.-PROPOSTA DE DÍAS FESTIVOS DE CARÁCTER LOCAL PARA O ANO 2025.
Dáse conta da seguinte proposta:
“Dáse conta do escrito remitido pola Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galcia relativo ao calendario laboral para o exercicio 2025.
De conformidade co establecido no artigo 37.2 do Texto refundido do Estatuto dos Traballadores e o artigo 46 do Real Decreto 2001/1983 de 28 de xullo, corresponde ao pleno municipal a proposta das datas concretas dos dous días de festa local, con carácter retribuído e non recuperable, neste termo municipal para o vindeiro ano 2025.
Polo exposto, e trala consulta efectuada ao persoal do concello, o equipo do goberno propón ao pleno municipal que acorde propoñer , como días festivos de carácter local para o ano 2025:
– Día 4 de marzo: martes de entroido.
– Día 24 de xuño, martes: San Xoan
Aranga, 20 de agosto de 2024.O Alcalde.Asdo:Alberto Platas Álvarez”.
Sometida a votación a proposta, queda aprobada por cinco votos a favor dos membros do
equipo de goberno, coa abstención dos catro membros do grupo socialista.”
6.-APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2023.
A continuación, polo Sr.Alcalde- Presidente manifiestase que, segundo consta na convocatoria, debe procederse ao examen e aprobación, no seu caso, da Conta Xeral Municipal correspondente ao exercicio de 2023. Encontrase sobre da mesa o correspondente legaxo contindo os documentos e xustificantes exisidos polas disposicións vixentes.
Dáse lectura dos resultados da referida conta , asi como do informe da Comisión Especial de Contas . Pola Secretaria fáise constar que se teñen cumpridos os trámites de exposición pública e informes regulamentarios e demais requisitos esixidos pola lei.
Seguidamente o Sr. Presidente invita aos Sres. Concelleiros a que formulen asobxeccións ou reparos que estimen pertinentes e soliciten, si o consideran preciso, a lectura de cantos documentos crean necesarios dos que contiene a Conta anual .
Discutido suficentemente o asunto e rematado o debate, acórdase, por cinco votos a favor e as catro abstencións dos integrantes do grupo da oposición :
Aprobar a Conta Xeral Municipal do Exercicio 2023, cuxo resume do Remanente de Tesorería é o siguinte :
– Fondos líquidos …………………………….. 838.121,86 €.
– Dereitos pendentes de cobro……………. 329.665,39 €.
– Obrigas pendentes de pago…………….… 165.647,92 €.
– Partidas pendentes de aplicación…….. -36.284,76 €
– Remanentes Totais ………………………… 965.854,57 €
– Exceso financiación afectada …………. 67.138,52 €.
– Saldos dudoso cobro……………………… 41.392,50 €.
– Remanentes para gastos xerais ………… 857.323,55 €.
Manifestase que a Conta que se acaba de aprobar, queda sometida á fiscalización externa do Consello de Contas de Galicia.
7.- ACORDO DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO DO
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.
Dáse conta do expediente tramitado a efectos de modificar a regulación da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar no concello de Aranga.
A dita ordenanza reguladora do prezo público foi aprobada definitivamente con data 01/04/2024, derogando expresamente a anterior publicada no BOP do 07/01/2014. Remitida a validación da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral Técnica da Caonselleria de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, refírese a unha serie de correccións que se fai oportuno recoller na citada ordenanza.
Encomendada a redacción da modificación da ordenanza á empresa que elaborou a ordenanza
vixente, remiteuse a Inspección da Coruña,que a o visto bon a nova redacción.
Polo exposto propoño a adopción do seguinte acordo:
Primeiro: Aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de axuda no fogar no concello de Aranga a efectos de recoller as indicacións da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade.
Segundo: Expoñer ao público o presente acordo durante o prazo de trinta días para a presentación de suxerencias e reclamacións.
Terceiro: Elevar a definitivo o presente acordo, en caso de non presentarse reclamacións contra este, e proceder a publicación do texto definitivo no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da sede electrónica de Aranga, entrando en vigor o día da súa publicación .
Aranga, a 20 de agosto de 2024.O Alcalde:Asdo:Alberto Platas Álvarez”.
Sometida a votación a proposta queda aprobada por cinco votos a favor dos membros do
grupo de goberno e a abstención dos catro membros do grupo da oposición que manifestan
que non están en contra pero se van a abster.
8.-ACORDO DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE AXUDA NO
FOGAR.
Dáse conta da seguinte proposta:
“Dáse conta do expediente tramitado a efectos de modificar a regulación da Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar no concello de Aranga.
A dita ordenanza reguladora do prezo público foi aprobada definitivamente con data 01/04/2024, derogando expresamente a anterior publicada no BOP do 07/01/2014. Remitida a validación da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral Técnica da Caonselleria de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, refírese a unha serie de correccións que se fai oportuno recollerna citada ordenanza.
Encomendada a redacción da modificación da ordenanza á empresa que elaborou a ordenanza vixente, remiteuse a Inspección da Coruña,que a o visto bon a nova redacción.
Polo exposto propoño a adopción do seguinte acordo:
Primeiro: Aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar no concello de Aranga a efectos de recoller as indicacións da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade.
Segundo: Expoñer ao público o presente acordo, dando audiencia aos interesasdos polo prazo de trinta días a contar dende o día seguinte á insercción do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, publicándose igualmente no taboleiro de edictos da sede electrónica de Aranga, ao obxecto de que poidan presentarse alegacions e suxerencias que se estimen pertientes, as cales serán resoltas polo pleno municipal.
Terceiro: No caso de que non se presentaren alegacións, de conformidade co artigo 49.c) da lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o acordo municipal entnederáse definitivo, procedendo á publicación íntegra da ordenanzas segundo o artigo 70.2 do mesmo corpo legal.
Aranga, a 20 de agosto de 2024.O Alcalde:Asdo:Alberto Platas Álvarez”.
Sometida a votación a proposta , queda aprobada por cinco votos a favor e a abstención dos catro concelleiros do grupo socialista.
9. APROBACIÓN DO IV PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE ARANGA.
Dáse lectura á seguinte proposta da alcaldia:
“Elaborado, pola empresa adxudictaria do servizo Xenere ACV SL , o IV PLAN DE IGUALDADE
DO CONCELLO DE ARANGA 2024-2028, con cargo aos fondos da partida de Pacto de Estado en
materia de violencia de xénero de 2023 .
Revisado o mesmo polo departamento de servizos sociais e igualdade, o alcalde propón ao
Pleno Municipal.
Aprobar o IV Plan de Igualdade do Concello de Aranga para o período 2024-2028 co obxectivo de desenvolver unha política integral e transversal para promover a igualdade de xénero e diversidade nos ámbitos político, laboral, social, cultural, deportivo, de educación e na saúde.” Pide a palabra Sandra Pena Barbeito e manifesta que quere facer constar tres consideracións, tendo en conta que o consideran un tema moi interesante:
1º.Houbo entrevistas con diferentes interlocutores e a nos, como grupo político, non se nos
chamou ni se nos invitou a ningunha reunión.
2º. Pon de manifestao o Plan a escasa participación das asociacións nos temas de igualdade e
se recomenda manter con elas unha reunión no mes de novembro. Queremos pedir se nos
invite a participar na dita reunión.En defintiva, vos pedimos que contedes con nos.
3º Di que o Plan , moi ben elavorado, conten un calendario de medidas a adoptar moi
detallado. Non se sabe si queda sobre o papel sen máis igual que non constan se se cumpliron
as medidas propostas no plan anterior. Nos gustaría que houbera un control exhaustivo sobre
do cumprimento das ditas medidas.
Marta Freire Vázquez, concelleira de servizos sociais e igualdade, manifesta que si se dispón da
evaluación do plan anterior e que a súa pretensión, dende logo, e controlar a aplicación das
medidas propostas .
Sometida a votación a proposta, queda aprobada por unanimidade dos membros presentes,
manifestando Sandra Pena que votan a favor sempre que se controle o cumplimento das
medidas previstas.
10.-ACORDO DE PARTICIPACIÓN NO POS + ADICIONAL 2/2024 SEGUNDA FASE, PARA
INVERSIÓNS FINANCIEIRAMENTE SOSTIBLES.
Logo de ver a circular sobre elaboración do POS+ADICIONAL 2/2024 para investimentos financieiramente sostibles e gasto corrente por maior achega da Deputación Provincial de A Coruña, na que se asina a este concello a cantidade de 336.618,26 €.
Tendo en conta que este concello xa ten solicitado, nunha primeira fase deste Plan Adicional, a inclusión da obra proposta no Plan complementario ao POS + 2024, denominada “Pavimentación carretera de Reborica a Cambás” polo importe de 94,907,56 € , procede ahora solicitar a inclusión, nunha segunda fase, das obras que proceda ata acada alo menos o importe total da axuda asinada ao concello.
Polo exposto, propoño ao pleno municipal, a adopción do seguinte acordo:
“1.- “Participar na segunda fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos decompetencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 2/2024” da Deputación Provincial da Coruña, cuxas Bases se coñecen e aceptan na súa totalidade, e solicitar a aplicación da achega provincial asignada aos obxectos que se indican a continuación:
A ) Financiamento de gastos correntes:
2.- Declarar que o concello ten a dispoñibilidade dos terreos, augas e servidumes para a execución dos investimentos, e que ten resolto todo o relacionado coas concesións e autorizacións administrativas que legalmente sexan necesarias.
3.- Comprometerse o concello a incluír no orzamento municipal os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal dos investimentos incluídos na anualidade do 2024, se a houbera.
4.- Solicitar da Deputación Provincial da Coruña a delegación neste concello da contratación e execución das obras ou subministracións incluídas no Plan, que se entenderá aceptada coa participación do concello no Plan.
5.- Declarar que o concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras Administracións públicas para o financiamento das distintas actuacións incluídas neste Plan, e no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras Administracións, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe.
6.- Autorizase á Deputación Provincial da Coruña a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
7.- Facultar expresamente á Alcaldía para todo o relacionado coa tramitación e xestión do presente acordo e o correspondente expediente.”
Sometida a votación a proposta queda aprobada por unanimidade dos membros presentes.
11.- ACORDO DE PARTICIPACIÓN NO POS + ADICIONAL 3/2024 PARA REDUCCIÓN DE
DÉBEDAS E GASTO CORRENTE.
Logo de ver a circular sobre elaboración do POS+ADICIONAL 3/2024 para a reducción de débeda coa Deputación pola utilización de préstamo provincial nos plans 2015 a 2023 e para gasto corrente de 17 concellos, na que se asina a este concello a cantidade de 34.908,51 €.
Tendo en conta que este concello non ten débeda coa deputación por non ter utilizado préstamo provincial dos POS , destinará a achega provincial ao financiamento de gasto corrente.
Tendo en conta que no Anexo III presentado no Plan Base POS + 2023 incluíase unha previsión de gastos superior á suma das ahecgas solicitadas no POS +2024 Base e neste POS + Adicional 3/2024, o anexo III relativo ao informe de secretaría- intervención sobre da previsión de gastos , será o mesmo.
Polo exposto, propoño ao pleno municipal, a adopción do seguinte acordo:
“1.- “Participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia
municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 3/2024” da Deputación Provincial da
Coruña, cuxas Bases se coñecen e aceptan na súa totalidade, e solicitar a aplicación da
achega provincial asignada ao obxecto que se indica a continuación:
2.- Autorizase á Deputación Provincial da Coruña a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
3.- Facultar expresamente á Alcaldía para todo o relacionado coa tramitación e xestión do presente acordo e o correspondente expediente.”
Sometida a votación a proposta, queda aprobada por unanimidade dos membros presentes.
12.- ACORDO DE CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE
MATERIAL ESCOLAR DE ALUMNOS DO COLEXIO PÚBLICO DE A CASTELLANA , CURSO
2024/2025.
Dáse conta do expediente tramitado para a convocatoria de concesión de subvencións
municipais para adquisición de material escolar para o curso 2024-2025 dirixido as familias do concello de Aranga con nenos/as cursando estudos de educación infantil e primaria no centro público sito no termo municipal de Aranga.
Con base no exposto propónse ao pleno municipal, a adopción do seguinte acordo:
“Primeiro: Aprobar as bases da convocatoria pública de axudas municipais ao alumnado do CEIP de A Castellana para adquisición de material escolar para o curso 2024/2025 , que se transcriben de seguido.
Segundo: Proceder a publicación da convocatoria na BDNS , outorgando o prazo de trinta días naturais, a contar dende o seguinte a insercción do anuncio no Boletín Oficial da Provincia , para a presentación de solicitudes. O anuncio publicaráse tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica de Aranga.
BASES DA CONVOCATORIA DE CONCESIÓN DE AXUDAS DIRIXIDAS AO ALUMNADO DO CEIP A
CASTELLANA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024/2025
Primeira: Obxecto da convocatoria
A presente convocatoria ten por obxecto o cofinanciamento da adquisición de material escolar para as familias do concello de Aranga con nenos/as cursando estudos de educación infantil e primaria no centro público sito no termo municipal de Aranga.
As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo á aplicación orzamentaria 2024.0.0. 231.48002 do vixente orzamento municipal.
Segunda: Destinatarios das axudas
1. Poderán solicitar estas axudas aqueles cidadáns que reúnan os requisitos previstos no parágrafo terceiro deste apartado.
2. As axudas cubrirán, por un importe máximo de 85 € (por alumno/a e curso) necesidades nas áreas de instrución ou educación. No concepto de material escolar inclúese o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das diferentes obrigas establecidas polo colexio así como das técnicas de aprendizaxe utilizadas (mandilón, chándal, material informático, máscaras, etc).
3. Requisitos que deberá reunir o/a solicitante:
a) Polo menos un do pai/nai/titor legal e máis o fillo/a para o que se destinará a axuda deberán estar empadroados no Concello de Aranga cun mínimo de 6 meses de antigüidade, agás os supostos excepcionais previamente acreditados pola educadora familiar.
b) Ter a garda e custodia do/a menor.
c) Que o/a menor estea matriculado nalgún curso de educación infantil ou primaria do centro de ensinanza pública do Concello de Aranga.
d) Estar ao corrente no pagamento dos tributos municipais.
Terceira: Solicitude
1. Os solicitantes presentarán unha solicitude por cada unidade familiar, no modelo oficial que se xunta como anexo e que se facilitará nas oficinas municipais.
2. A presentación da solicitude implicará a autorización ao Concello para a comprobación dos datos declarados nela (empadroamento, DNI, ausencia de débedas, etc) e a aceptación das condicións das bases.
3. O modelo de solicitude deberá ir acompañado polos seguintes documentos (orixinais ou copias compulsadas):
– Número da conta bancaria do/a solicitante para realizar o ingreso (presentarase unhacertificación bancaria ou unha copia dun recibo/libreta na que apareza o número de conta co IBAN e nome do titular).
– Factura do gasto realizado para a o curso escolar 2024/2025.
4. O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.
5. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Aranga ou nos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
6. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
Cuarta: Estudo das solicitudes e adxudicación
1. Unha vez que finalice o prazo de presentación de solicitudes procederase á verificación de que están completas e que ningún documento contén erros.
2. A continuación procederase a confeccionar a relación de solicitudes que fosen declaradas completas e de seguido ditarase unha proposta de resolución dándolle traslado ao órgano competente para a súa aprobación.
3. Logo de condecer a axuda, o Concello de Aranga efectuará a oportuna notificación no taboleiro de edictos da súa sede electrónica.
Quinta: Pagamento da axuda, xustificación e reintegro
1. As axudas concedidas serán ingresadas na conta bancaria facilitada xunto coa solicitude.
2. A non xustificación de todo ou parte da axuda dará lugar ao reintegro do importe non xustificado xunto cos xuros de mora que correspondan.
Sexta: Compatibilidade da subvención
A concesión destas axudas será compatible con calquera outro tipo de axuda ou subvención que se poida recibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo do material escolar subvencionado.
Disposición adicional
Para o non previsto na presente ordenanza será de aplicación o que se dispón na Lei 38/2003 xeral de subvencións.
Contra esta ordenanza poderá interpoñer un recurso contencioso administrativo ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Todo isto sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.
Aranga, 23 de agosto de 2024.O Alcalde.”
Sometida a votación a proposta , queda aprobada por unanimidade de todos os membros, manifestando Sandra Pena que o seu grupo vota a favor pero reitera o que dí sempre: que se exclúe de axudas a un grupo importante de nenos/as de Aranga , estudantes de ciclos, ESO, Universidades… E bon que se de axudas aos nenos do colexio pero tamén debían darse aos demáis. Tambén quere facer constar que se debía establecer unha axuda mínima para todos e despois establecer baremos para incrementar o importe das axudas según as condicións familiares ( membros en paro, numerosas…)
13.- ACORDO DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA
REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS NO CONCELLO DE ARANGA.-
Despois de que resultou conveniente modificar o prezo público pola realización de actividades deportivas e culturais neste concello de Aranga.
Logo de que se dou conta dos trámites que se seguiron no expediente que se tramitou para o efecto, é polo que se lle propón ao Pleno Municipal a adopción do seguinte acordo:
“Primeiro: Aprobar a modificación e imposición do prezo público pola realización de actividades deportivas e culturais neste concello de Aranga.
Segundo: Expoñer ao público o presente acordo durante o prazo de trinta días para a presentación de suxerencias e reclamacións, dende a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no tablón de edictos da sede electrónica de Aranga.
Terceiro: Elevar a definitivo o presente acordo, en caso de non presentarse reclamacións contra este, e proceder a publicación do texto definitivo no Boletín Oficial da Provincia, entrando en vigor o día da súa publicación . Publicaráse igualmente no tablón de anuncios da sede electrónica de Aranga.
ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS
NO CONCELLO DE ARANGA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Aranga, co obxectivo de fomentar a participación en actividades deportivas e culturais, así como promover o benestar e o desenvolvemento persoal dos cidadáns, establece a presente Ordenanza Reguladora para a organización e realización das devanditas actividades.
Esta normativa ten como finalidade regular as condicións de inscrición, participación, pago e exencións das actividades ofertadas polo Concello.
CAPÍTULO I: NATUREZA, OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo 1. NATUREZA
De conformidade co establecido no artigo 41 do texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais , aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, este concello de Aranga establece o prezo público por actividades deportivas e culturais desenvolvidas polo concello de Aranga.
Artigo 2. OBXECTO
A presente Ordenanza ten por obxecto regular a realización de actividades deportivas e culturais organizadas polo Concello de Aranga, así como as tarifas, modalidades de pago e exencións aplicables ás mesmas.
Artigo 3. Ámbito de Aplicación
Esta Ordenanza será de aplicación a todas as actividades deportivas e culturais organizadas polo Concello de Aranga e desenvolvidas tanto en instalacións municipais como en instalacións situadas fóra do termo municipal.
CAPÍTULO II: ACTIVIDADES E TARIFAS
Artigo 4. Tarifas
As tarifas establecidas para a realización de actividades deportivas, culturais e de conciliación familiar no Concello de Aranga serán as seguintes:
1.Actividades deportivas e culturais:
Actividades dunha hora semanal:
-Realizadas en instalacións municipais: 72 € pola duración total do
curso.
-Realizadas en instalacións situadas fóra do termo municipal: 100 €
pola duración total do curso.
Actividades de dúas horas semanais:
-Realizadas en instalacións municipais: 120 € pola duración total do
curso.
-Realizadas en instalacións situadas fóra do termo municipal: 200 €
pola duración total do curso.
2.Servizo de conciliación familiar “Mañanceiros”:
Dirixido á conciliación familiar e laboral das familias do Concello de Aranga con estudantes do CEIP A Castelá. A actividade consiste en coidar aos participantes durante o cronograma da actividade no local “Escuelita” anexo ao CEIP A Castelá. Este servizo non inclúe almorzo nin transporte.
Horario: Desde as 8:00 horas ata o inicio da xornada escolar.
Duración: A actividade realizarase todos os días lectivos do curso 2024/2025, sempre que haxa un número mínimo de 4 participantes rexistrados.
Prezo:
-Más de 15 sesións por mes: 1,50 € por sesión.
-De 14 a 5 sesións por mes: 2,00 € por sesión.
-Menos de 4 sesións por mes: 3,00 € por sesión.
Artigo 5. Duración do Curso
As tarifas establecidas no artigo 3 aplicaranse pola duración total do curso, independentemente do número de sesións semanais.
CAPÍTULO III: MODALIDADES DE PAGO
Artigo 6. Forma de Pago
1-Actividades deportivas e culturais:
O pago das tarifas establecidas para as actividades deportivas e culturais realizarase en dous prazos:
Primeiro Pago: O 50% do importe total abonarase no momento da inscrición na actividade.
Segundo Pago: O 50% restante abonarase unha vez transcorrida a primeira metade do curso.
2-Servizo “Mañanceiros”:
O pago do servizo de conciliación “Mañanceiros” efectuarase de maneira mensual, ao finalizar cada mes, en función do número de xornadas de uso do servizo para ese período.
Artigo 7. Inscrición e Formalización do Pago
1-Actividades deportivas e culturais:
A inscrición nas actividades será efectiva unha vez realizouse o primeiro pago. O segundo pago deberá ser efectuado dentro dos 10 días hábiles seguintes ao comezo da segunda metade do curso.
2-Servizo “Mañanceiros”:
A inscrición ao servizo “Mañanceiros” realizarase ao comezo do curso escolar e será efectiva cando se confirme un número mínimo de 4 participantes rexistrados.
O pago do servizo “Mañanceiros” efectuarase de maneira mensual, ao finalizar cada mes, en función do número de xornadas de uso do servizo durante ese período.
Os participantes deberán notificar calquera modificación no uso do servizo ou a súa
cancelación con polo menos 5 días hábiles de antelación ao comezo do mes seguinte.
CAPÍTULO IV: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Artigo 8. Exencións
Terán dereito á exención do prezo público as seguintes situacións:
1. Casos de emerxencia social :
Aqueles certificados polos servizos sociais do municipio de Aranga, a través dun informe social que acredite dificultades financeiras para acceder ao servizo.
2. Unidades familiares con baixa renda :
Aquelas cuxa renda per cápita sexa igual ou inferior ao 25% do IPREM anual (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples).
3. Unidades familiares con desemprego :
Aquelas en as que todos os seus membros adultos atópense en situación de desemprego.
Artigo 9. Descontos
Terán dereito a un desconto do 50% sobre o prezo público:
1. Familias numerosas de categoría especial :
Aquelas que cumpran cos requisitos establecidos pola lexislación vixente.
2. Unidades familiares con renda baixa :
Aquelas cuxa renda per cápita sexa igual ou inferior ao 50% do IPREM anual.
Artigo 10. Bonificacións
Terán dereito a unha bonificación do 20% sobre o prezo público:
1. Familias numerosas de categoría xeral :
Aquelas que cumpran cos requisitos establecidos pola lexislación vixente.
Terán dereito a unha bonificación do 10% sobre o prezo público:
1. Titulares do Carné Novo :
Expedido pola Dirección Xeral de Mocidade da Xunta de Galicia.
2. Persoas con discapacidade :
Usuarios cunha discapacidade recoñecida superior ao 33%.
Artigo 11. Non acumulabilidad
As exencións, descontos e bonificacións establecidos na presente Ordenanza non serán acumulables entre si.
CAPÍTULO V: DISPOSICIÓNS FINAIS
Artigo 12. Interpretación e Aplicación da Ordenanza
Corresponde ao Concello de Aranga, a través dos órganos competentes, a interpretación e aplicación da presente Ordenanza.
Artigo 13. Entrada en Vigor
A presente Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
En Aranga, a [data].
Asinado .Alcalde do Concello de Aranga”
Sometida a votación a proposta queda aprobada por cinco votos a favor e a abstención dos catro membros do grupo socialista que non se manifestan nin en contra nin a favor.
Mocións de Urxencia
Terminado o exame dos asuntos incluídos na orde do día, o alcalde pregunta se algún grupo político desexa someter á consideración do pleno , por razóns de urxencia, algún asunto no comprendido na orde do día e que non teña cabida no turno de rogos e preguntas, de conformidade co artigo 91.4 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro.
Non se presenta ningunha.
14.- ROGOS E PREGUNTAS
En uso da palabra, Sandra Pena Barbeito formula as seguintes preguntas:
1º.- Como está a modificación do PXOM? ¿`para cando?
2º. Como está o desenrolo do polígono?
O alcalde contestale que respecto da modificación do PXOM está na mente do equipo de goberno. Que está pendente dunha entrevista co Director Xeral dado o cambio da normativa.
Respecto do desenrolo do polígono non sabe nada. Sigue igual. Según me dín os veciños non teñan reunións dende hai moito tempo.
3º. Nos comentan veciños de Villardois que caeu un trozo de carretera.
O alcalde contestalle que están pendentes dun permiso sectorial que falta ( necesitan autorización de medio ambiente, medio rural e augas) para levar a cabo a obra. Teñen proposto un muro de contención, e están pendentes de que se autorice polos organismos sectoriais afectados.
4º. Respecto del punto de recollida da Castellana, manifesta que volve a estar igual.
O alcalde contestalle que xa teñen presentado a oportuna denuncia en SEPRONA e que estan investigando porque parece que hay documentos con datos persoais.
Ás 19:05 horas non hai máis asuntos que tratar. Por orde da Presidencia, levántase a sesión, da que se estende a presente acta, da que eu, secretaria, dou fe.
Concello de Aranga, venres 30 de agosto de 2024
A secretaria, Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga
O alcalde, Alberto Platas Álvar z