Bolsas e prácticas:
-Prácticas no Instituto Universitario Europeo
O Instituto Universitario Europeo (EUI), con sede en Florencia (Italia), abre dúas convocatorias de prácticas remuneradas de doce meses de duración. Unha delas é para persoas graduadas: un posto no Servizo de Tecnoloxía da Información e Comunicación, con funcións de soporte ao departamento web. Aquí podes ver os requisitos. A outra está dirixida a persoas que estén comezando estudos de grao ou obtiveran recentemente a titulación: trátase dun posto de arquivista en prácticas no Arquivo Histórico da Unión Europea. Estes son os detalles. A convocatoria está aberta e non ten un prazo límite de solicitude.
-Becas de Colaboración para Formación Complementaria do Curso 2024-25 na UDC – ata o 29 de novembro
A Universidade da Coruña (UDC) e o Banco Santander convocan 79 bolsas de colaboración para formación complementaria para o alumnado dos centros propios da UDC, nos departamentos universitarios, nos centros e nas áreas e unidades universitarias que figuran na convocatoria. O seu obxectivo é favorecer a formación complementaria do alumnado matriculado nun centro propio da UDC en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao, mediante a realización de actividades formativas. Aquí tes a convocatoria.
-6 becas Xunta de Galicia / Fulbright para a ampliación de estudos artísticos – ata o 13 de xaneiro de 2025
O obxectivo das becas Xunta de Galicia / Fulbright é contribuír á formación de españois vinculados a Galicia que desexen ampliar estudos artísticos en institucións e centros de EE.UU. e ampliar a súa especialización nunha das disciplinas artísticas recollidas na convocatoria. As becas están destinadas á formación académica, á realización de actividades de investigación artística, ao desenvolvemento de proxectos artísticos cunha sólida compoñente investigadora e a calquera combinación dos anteriores. Consulta toda a información aquí.
Consulta todas as bolsas e prácticas abertas na páxina: https://europedirect.dacoruna.gal/becas/
Voluntariado:
-Oportunidades do Corpo Europeo de Solidariedade – consúltaas todas aquí
Consulta outras oportunidades de voluntariado na páxina: https://europedirect.dacoruna.gal/voluntariado-europeo/
Outras oportunidades:
-EU Young Ocean Advocates – ata o 30 de novembro
O Youth4OceanForm busca líderes mozos que queiran converterse en “Joven Defensor del Océano” e promover a Cidadanía Azul na Conferencia sobre os Océanos das Naciones Unidas en 2025. Toda a información e detalles, aquí.
-Evento en liña EURES Work in Poland – 6 de decembro
EURES organiza un novo evento en liña sobre oportunidades laborais en Polonia. Será o 6 de decembro ás 10h, se non queres perdelo, apúntate aquí.
-15 postos de Educación Infantil en Helsinki – ata o 11 de decembro
A cidade de Helsinki oferta 15 postos contratos indefinidos a tempo completo para persoas co grao en Educación Infantil e nivel B2 de inglés. A entidade ofrecerá asistencia para o desprazamento e o aloxamento e cubrirá un curso de finés de 9 meses de duración. O contrato comezaría a finais de 2025 e a data límite para enviar CV é o 11 de decembro, consulta todos os detalles aquí.
-142º curso sobre a Unión Europea – ata o 11 de decembro
O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación abre a convocatoria do 142º Curso sobre a Unión Europea, que terá lugar presencialmente en Madrid do 20 ao 25 de marzo de 2025. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de decembro. Podes consultar toda a información aquí.