Listaxes provisionais de persoas candidatas preseleccionadas admitidas e excluídas para poder participar no proceso de selección do alumnado-traballador, de acordo coa Instrucción da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego de 15/07/2024, en relación co procedemento de selección do alumnado-traballador dos programas de emprego e dos obradoiros duais de emprego que literalmente di:
“No caso dos obradoiros duais de emprego, a persoa candidata non poderá optar á selección para recibir formación nin no mesmo certificado profesional nin noutro da mesma familia, excepto que o certificado a cursar sexa de nivel superior”.
Conceder aos candidatos excluídos un prazo de 1 día hábil (día 08 de novembro de 2024) para presentar as reclamacións oportunas.