A nosa compañeira Gertrudis Capelán Seoane, pedagoga, participou no pasado mes de outubro neste encontro promovido pola Deputación da Coruña. Presentou o programa “Capaces e Dispostas”, que desenvolvemos no noso concello para apoiar e dar visibilidade ás persoas con discapacidade.
👏 Este programa é un exemplo de compromiso coa igualdade e coa inclusión social, destacando accións como o apoio psicolóxico, a rehabilitación terapéutica e a estimulación cognitiva, adaptadas ás necesidades do noso territorio rural.
📸 Deixámosvos unhas imaxes da súa participación. Xuntas e xuntos continuamos traballando pola igualdade! 💜