A nosa traballadora social visita a Escola de Maiores para achegarlles todos os recursos e servizos dispoñibles

📸✨ Este venres recibimos unha visita moi especial na nosa escola de maiores!

👩‍⚕️ A nosa traballadora social, Noela, achegouse ata alí para ofrecerlles información sobre os diferentes servizos, recursos e programas dispoñibles dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Aranga.

📚 Durante a xornada, ademais de explicarlles en detalle todas as axudas e prestacións ás que poden acceder, atendeu as súas dúbidas e consultas de maneira personalizada.

🙌 Grazas a todos e todas pola vosa participación e interese! Seguimos traballando para estar ao voso carón, ofrecendo apoio e acompañamento cando o necesitedes.

Anterior 27/02/2025 Acta Sesión Plenaria nº3/2025