Actividades Municipais 2024 / 2025

Preinscricións: do 9 ao 19 de setembro
Inicio das actividades: 1 de outubro

Todas as actividades están suxeitas a variación nos horarios.

Saúdo do Alcalde

Estimada veciñanza de Aranga,

Achegámosvos o novo programa de actividades municipais para o curso 2024/2025. Este ano, mantemos o noso compromiso de ofrecer unha ampla variedade de actividades que promovan a saúde, a cultura e o benestar de todos os nenos e nenas da nosa comunidade.

Co fin de manter a calidade da nosa oferta, foi necesario realizar axustes nos prezos públicos das actividades. Sabemos que isto pode supoñer un esforzo adicional para algunhas familias, polo que informámosvos de que existirán descontos dispoñibles para aqueles casos nos que o custo poida ser un problema. O noso obxectivo é que ninguén quede sen participar por motivos económicos.

Un saúdo,
Alberto Paltas

Programa de Actividades

Programa de actividades 2024 - 2025

Servizo de “Mañanceiros” Concello de Aranga

Convenio Concello de Aranga – Iberik Hotel Balneario Guitiriz

Prezo especial de 21€ por persoa para acceder ao circuíto IBERIK (90 minutos con toalla) de luns a venres (excepto fins de semana e festivos). Prezo aplicable ata finais de 2024 (actualizable en 2025). Imprescindible cita previa e acreditación de empadroamento.

Aula Mentor

Formación en liña e flexible a través de Internet para mellorar as competencias persoais e profesionais. Consulta como matricularte no 981 79 35 90.

Aulas de Informática

  • Toxiño: Luns de 16:00 a 20:00
  • Ponte Aranga: Mércores de 10:00 a 14:00
  • Muniferral: Xoves de 16:00 a 20:00

Axendas de Lectura

  • Monte Aranga: Luns a venres de 10:00 a 14:00
  • Toxiño: Mércores de 10:00 a 14:00

Préstamo de libros en horario de apertura ou no 981 79 35 90.

Como inscribirse ás actividades

  1. Do 9 ao 19 de setembro, envíanos o cuestionario cuberto en todos os seus apartados ou manda un correo co teu nome e as actividades nas que desexas participar a apuntatearanga@gmail.com ou ao 981 79 35 90.
  2. A partir do 16 de setembro, outorgaranse as prazas e realizarase un sorteo na sala de sesións ás 10:00h no caso de haber máis inscritos que prazas.
  3. Do 17 ao 28 de setembro, unha vez confirmada a praza, realizarase a inscrición definitiva. Achega a folla de inscrición e xustificante de pago presencialmente no Concello de Aranga ou en https://sede.aranga.gal.
  4. Se non se xustifica o pagamento neste prazo, chamarase por orde de lista ao seguinte reserva.
  5. As persoas non empadroadas poderán participar nas actividades se hai prazas libres.

Información adicional

    • Todas as actividades rematan o 31 de maio, agás piscina.
    • O Concello resérvase o dereito de anular ou modificar actividades.
    • A responsabilidade de comunicar o estado de saúde física/psíquica recae nos participantes.
    • Non se realizará ningunha actividade que non cubra o 75% das prazas.
    • Inscricións con aboamentos pendentes serán rexeitadas.

    Exencións e Descontos no Prezo Público

    • Exención: casos de emerxencia social, unidades familiares con renda per cápita inferior ao 25% do IPREM, familias con todos os adultos desempregados.
    • Desconto do 50%: familias numerosas de categoría especial, unidades familiares con renda per cápita igual ou inferior ao 50%.
    • Bonificación do 20%: familias numerosas de categoría xeral.
    • Bonificación do 10%: titulares do Carné Xove, persoas con discapacidade superior ao 33%, e inscrición de 2 irmáns/as.
    Anterior 📢 Convocatoria do Programa Xuventude Crea 2024

    Conecta connosco

    Praza Mestre Mosquera Nº1

    15317 – Ponte Aranga – Aranga

    Horario:

    Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm

    Praza Mestre Mosquera Nº1

    15317 – Ponte Aranga – Aranga

    Horario:

    Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm