desperdicio alimentario

🌍♻️ Axuda a reducir o desperdicio alimentario no teu concello!

Esta semana celebramos a Semana Europea da Prevención de Residuos 2024, e desde Sogama lanzamos a guía didáctica “Faite responsable da túa cesta”, creada para concienciar e axudar á cidadanía a diminuír a cantidade de comida que remata no lixo.

🛒 Que atoparás na guía?
👉 Recomendacións prácticas como:

  • Planificar menús e facer unha lista de compra.
  • Organizar a despensa e consumir antes os produtos perecedoiros.
  • Diferenciar entre a data de caducidade e a de consumo preferente.
  • Dar prioridade ás froitas e verduras “feas” pero perfectamente comestibles.
  • Aproveitar as sobras para crear novos pratos.

🌱 Ademais, falamos da compostaxe como alternativa para valorizar os restos orgánicos e transformalos nun abono natural de calidade.

💡 Sabías que o 60% do desperdicio alimentario sucede nos fogares? É hora de actuar xuntos para reducir este problema e coidar o planeta!

🔗 Consulta a guía e comparte co teu concello!

Anterior 25N en Aranga

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm