

A Xunta de Galicia pon en marcha o Bono Emancípate, unha axuda destinada a mozos e mozas de 18 a 35 anos para facilitar a súa independencia.
👉 Quen pode solicitalo?
Mocidade con ingresos regulares, nacionalidade española ou da UE.
Empadroados en Galicia e que cumpran cos requisitos de renda.
💶 Canto se pode recibir?
Ata 1.500 € para persoas que vivan en alugueiro.
Ata 3.000 € para persoas con vivenda propia.
O importe entregarase a través dunha tarxeta virtual para gastos relacionados coa emancipación.
📆 Prazo de solicitude:
Do 6 de febreiro ao 30 de abril de 2025 ou ata esgotar o orzamento.
🔗 Máis información e solicitudes: A solicitude tramítase na sede electrónica da Xunta de Galicia. Non perdas esta oportunidade! 🙌
Consulta máis detalles nas imaxes ou contacta connosco para calquera dúbida.