cambio climatico

ARANGA CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL CONTRAO CAMBIO CLIMÁTICO DESTACANDO AIMPORTANCIA DA COMPOSTAXE DOMÉSTICA.

🌍 ARANGA CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO DESTACANDO A IMPORTANCIA DA COMPOSTAXE DOMÉSTICA 🌱

En Aranga, a 24 de outubro de 2024, o Concello de Aranga únese á conmemoración do Día Internacional contra o Cambio Climático, subliñando a relevancia da compostaxe doméstica como unha ferramenta clave para reducir a pegada de carbono e loitar contra o quecemento global.

A compostaxe permite transformar os residuos orgánicos en compost de calidade, diminuíndo así a cantidade de lixo que chega aos vertedoiros e as emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas.

Nos últimos días, os mestres composteiros estiveron a seguir de cerca os avances dos veciños apuntados na iniciativa de compostaxe doméstica, garantindo un uso correcto dos composteiros e resolvendo dúbidas sobre o proceso. Esta colaboración permite que cada vez máis fogares de Aranga se involucren na xestión dos seus residuos, converténdoos en recursos valiosos para o solo e reducindo, ao mesmo tempo, os custos de xestión de residuos.

Dende o Concello, seguimos animando á veciñanza a sumarse ao programa de compostaxe doméstica ou a continuar compostando nos seus fogares. Se aínda non formas parte da iniciativa, estás a tempo de solicitar o teu composteiro e unirte ao movemento pola sustentabilidade. Para máis información, inscríbete en https://aranga.rsu.gal/, chama ao 647 521 464 ou envía un correo a residuos@aranga.gal.

♻️ No Día Internacional contra o Cambio Climático, lembra a importancia da compostaxe doméstica! Transformar os residuos orgánicos en compost reduce as emisións e mellora o solo. 🌿

👉 Únete ou segue compostando!
🔗 Inscríbete en: https://aranga.rsu.gal/
📞 Máis info: 647 521 464

🙏 Grazas por coidar o planeta desde casa! 🌎♻️

Anterior Bono remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional.

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm