Dende o Concello de Aranga e o Concello de Irixoa vimos de establecer un convenio coa asociación ADAFAD co obxectivo de crear un espazo dirixido a familias, onde se poida ofrecer asesoramento e orientación especializada sobre o desenvolvemento persoal e evolutivo dos nenos e nenas.
Como parte deste acordo, preséntase o primeiro obradoiro, que terá lugar en Irixoa, e do que proximamente tamén se anunciarán novas datas no Concello de Aranga.
🎯 Obxectivo do obradoiro
Este taller está pensado para pais, nais e titores legais e busca promover a reflexión sobre aspectos clave do desenvolvemento evolutivo dos nenos e nenas de 0 a 3 anos, unha etapa fundamental na súa formación persoal e social.
📅 Data: Luns, 28 de abril
🕟 Hora: 16:30 h
📍 Lugar: Biblioteca Municipal de Irixoa
👥 Imparte: Asociación ADAFAD
📞 Inscricións e máis información:
Teléfono: 981 793 001
Ou a través dos Servizos Sociais Municipais
💬 Este obradoiro forma parte dunha aposta conxunta polos coidados e o acompañamento das familias, ofrecendo espazos de apoio, aprendizaxe e reflexión.