A PROPOSTA DE HOXE: Commemoración do “Día da saúde das mulleres”
Os vídeos penduraranse na páxina web e redes sociais da Deputación da Coruña a partir de hoxe luns 25 de maio seguindo este calendario:
luns 25 de maio: Entrevista á endocrinóloga Carme Valls arredor da menopausa e a perspectiva sanitaria.
xoves 28 de maio: Entrevista á psicóloga e pioneira na xerontoloxía feminista Anna Freixas sobre aspectos psicolóxicos na menopausa.
luns 1 de xuño: Entrevista á xinecóloga e sexóloga Rosa Almirall sobre menopausa e xinecoloxía.
mércores 3 de xuño: publicación do vídeo onde entrevistamos á profesora de CC. Do deporte e a educación física da UdC Cristina López Villar arredor da actividade física na menopausa.
venres 5 de xuño: publicación da vídeo-entrevista á antropóloga e profesora da USC Guadalupe Jiménez onde falaremos da menopausa dende unha perspectiva antropolóxica.
En definitiva, 5 conversas en formato vídeo conferencia e de curta duración (entre 5 e 10 min) a 5 especialistas de distintos ámbitos para achegarnos á menopausa desde un enfoque feminista, fuxindo de estereotipos e medos infundados. Cinco conversas sinxelas que nos alentan a gozar e normalizar esta etapa da nosa vida.
Coidándonos, poderemos antes desfrutar das celebracións.