14, A SANTA CRUZ DE ARANGA
Extraído do Libro de Antonio Fraguas “Romarías e Santuarios”
“ Na parroquia de San Paio de Aranga, concello do mesmo nome, na beira dereita do río Mandeo está situada a igrexa parroquial, onde se celebra unha festa de moita sona o día 3 de maio. A igrexa é de estilo barroco compostelano, sen máis adornos na fachada que dous pinácuos no remate de dúas pilastras. No centro da fachada está a hornacina coa imaxe de San Paio e dúas ventás.
A torre encostada á sacristía, é moi airosa e bastante alta. O primeiro corpo remata con adornos de placas, como de campanarios dunha balconada todo ó redor. No segundo corpo están as campás. Ata rematar este tramo, o corpo é de un cubo, pero o terceiro corpo é octogonal. Pecha o tramo unha cúpula pequena, tamén octogonal, que remata coa correspondente cruz.
(Deixamos un momento de lado a literatura para achegar unhas imaxes da Igrexa de San Paio
A cruz que dá lugar á romaría estaba escondida, enterrada, e no lugar onde se descubriu brotou unha fonte, que continuoumanando. Está situada á esquerda do río. José María Luengo y Martínez refire que as augas desa fonte son reputadas como miragreiras polo feito de brotaren no intre do descubrimento da cruz naquel lugar:
Atribúeselles a virtude de afuxentar as invasións dos insectos dañinos nos campos e culivos, se se orballan con ellas; lavando na fonte os órganos sexuais, conséguese a fecundación. Son prodixosas para a cura das enfermidades, tanto das persoas coma dos animais, se previamente foi depositada a auga nas oquedades que, nos seus brazos, ten a cruz, asperxéndose despois con ela ós pacientes . Destas curas maravillosas son testemuño os numerosos exvotos de cera que se depositan no santurario, representando tanto os membros curados das persoas coma as figuras dos animasis que sandaron pola súa mediación.
Na actualidade está formada a fonte por un muro de granito que constitúe o respaldo da pía na que hai dous canos. Entre eles existe un relevo respresentando a cruz.
No friso do muro lese a seguinte inscrición:
FUE BEATIFICADA EN EL AÑO 1773
SIENDO CURA EL LYC=D.J.D.C.
A fonte, ó parecer data da mesma época da igrexa.
(https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/17634/fonte-da-santa-cruz?langId=es_ES&tp=10&ctre=54)
A cruz é unha peza de orfrebrería litúrxica de moita estimación. O tempo que estivo enterrada e os arranxos posteriores deixárona bastante modificada. Foi unha peza semellante á Cruz dos Anxos de Oviedo e á que tivo a catedral de Santiago, roubada hai bastantes anos. Foi unh cruz votiva, que se transformou en procesional. Luengo descríbea dicindo:
Está feita dunha chapa de latón, formando cruz inmisa, que mide 27 centrímetros de anchura de brazos por 28 de altura, diferencia que se orixinou ó cortala. No seu prmitivo estado os catro brazos eran trapezoidais e obsérvase perfectamente que foron recortados en curva, para disimular imprefeccións na peza. A decoración consist en cinco cazoletas hemisféricas refundidas, unha no medio e as outras colocadas nos extremos de cada un dos brazos nos cales presenta tamén grupos de dúas cazoletiñas referencias no brazo inferior tiña pendente unha campaiña.
A cruz poderá datarse do século X ou XI.
Como dixemos, a festa celébrase o 3 de maio, que se corresponde coa Exaltación da Santa Cruz. E aínda hai outra fecha máis o primeiro domingo despois do 3, chamada “festa pequena”. Os romeiros lávanse e beben, pero ademais levan botellas de auga para abenzoar xente, gando e leiras. A principal devoción é para as doenzas do gando e os froitos. Trátase dunha romaría de tipo agrícola, na que se traen e levan froitos de sementeira. Abundan os exvotos, como se indicou, e despois dos actos relixiosos celébrase a foliada da mocidade. A importancia dos intercambios de froitos é moi grande, por tratarse dunha comarca de boas terras de producción de centeo, avea, patacas, froitas e gando,pola calidade dos prados.
Por ser santurario emprazado na Serra do Raño onde se atopa o Pico de Vales, de cerca de 700 metros de altura, a cantiga popular ten presente algúns dos sus moradores:
Alta serriña do Raño
ten moitas silvas e penas
onde o lobo fai o cocho
e os buxatos barran nelas.
A continuación deixamos un enlace a un programa da televisión galega que fixo unha reportaxe sobre os tema sen esquecer facerlles un convite para vir a coñecer a romaría da Santa Cruz do ano que vén: