A Deputación da Coruña abreu o mosteiro de Caaveiro con límite de visitantes e medidas de control sanitario, permitirase como máximo a estancia de 30 persoas no interior do mosteiro, 15 con visita guiada e 15 de maneira libre. A Deputación da Coruña duplicará tamén o servizo de autobuses de acceso a Caaveiro para cumprir as medidas de distanciamento e a prevención de contaxio, regulando a frecuencia das rutas de maneira que non se produzan aglomeracións na entrada do mosteiro.
O uso da máscara será obrigada no interior e as instalacións estarán sinalizadas coas indicacións sanitarias pertinentes para cumprir os protocolos de seguridade como distancia interpersoal, limitacións de persoas nas distintas estancias ou rutas para garantir a seguridade. As visitas atoparán aberta a cafetería das instalacións nas que tamén estarán á disposición para a venda máscaras por se alguén chega ao monumento sen ela.
Teléfono de atención a visitantes: 981 459 006/617 562 302 (este último todos los días de 10:00 a 18:00 horas).
Máis info: