A PROPOSTA DE HOXE:CONTANDO E XOGANDO

Sinalar antes de nada que non imos tratar materiais escolares, nin por suposto obrigatorios, a nosa intención é  tentar achegar algún recurso para apoiar con tarefas e materiais accesibles para fomentar a diversión,  aprendizaxe e a ilusión pola lectura por medio dos contos e os xogos.  

Hoxe: O poliño da Abeleira

O poliño da abeleira, de Kalandraka TV

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=16&video=Bea%20Campos%20-%20O%20polio%20da%20abeleira#PD_Bea%20Campos%20-%20O%20polio%20da%20abeleira

E para un pouco maiores, os libros de maior éxito: 

https://librosgeniales.com/author/ebooks/geronimo-stilton/

Algunhas ideas de traballo cos contos:

Pode ser de xeito falado, ou por escrito cando vexamos posible:

1.- Quen é o personaxe principal? Como se chama? De quen se trata? (persoa, animal….)

Cantos personaxes aparecen? En que orde? Lembras os nomes?

2.- Di outros nomes, cousas, obxectos, comidas… que empecen pola mesma letra.

3.- Que outros personaxes aparecen no conto? Como se chaman? Quen son? 

4.-Que lles pasa? ¿Que fai cada un deles? Onde están, a onde van…?

5.- Que problema/situación viven?  

6.-Pasouche a ti algunha vez algunha aventura divertida?

7.-Xogar a buscar cousas dentro de cada imaxe, nomear por grupos (exemplo nomea todos os animais que atopes… todo o que sexa de cor vermello…. todas as cousas que vexas que empezan pola letra “?”…..)para os máis pequenos, pero tamén a todas as idades, incluso as persoas maiores, xa que fomenta a memoria, a concentración e a linguaxe. 

8.-Cantas páxinas ten o libro? Contalas con eles no caso dos máis pequenos. 

9.-Fai un debuxo, escribe o que máis che gustou. Co debuxo nunha cartulina poder facer un puzzle, recortar e tentar solucionalo.

10.-Que foi o que menos che gustou? Como cambiarias ti a historia? Tentar crear unha nova historia…

Son unicamente pequenas ideas, se algúen quere algunha lectura, ficha, proposta máis específica, podedes poñeros en contacto co correo electrónico do Concello: cultura@aranga.gal ou apuntatearanga@gmail.com

Bo día e lembrade, se saimos con sentidiño, poderemos abrazarnos antes!!!!  Moito ánimo.

Anterior A PROPOSTA DE HOXE: A MILLA

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm