
HOXE: PLASTILINA
Coñecemos que nestes días sen saír da casa pode resultar difícil conseguir materiais para renovar os que temos, facernos con outros novos… ou en todo caso, facer os nosos sempre resulta o máis ameno, útil, e de maior valor (nada como o feito por nós).
A plastilina é un dos mellores exercicios para o traballo da psicomotricidade fina, fundamental para a escritura.
Por isto, hoxe a nosa proposta é facer plastina ecolóxica con produtos da casa, onde a maiores podemos conseguir a textura que cada un dexese, máis dura, máis branda….
PLASTILINA ECOLÓXICA
Ingredientes:
1 taza de fariña
½ de sal fina
1 taza de auga tépeda
1 cucharada de aceite vexetal (oliva ou xirasol)
Colorante alimenticio/témpera/azafrán… algo para dar cor.
Preparación:
Mesturamos a fariña e o sal e remexemos ben. Vertemos en recipentes vacíos o colorante, o aceite e engadimos a auga morna, remexemos e agregamos pouco a pouco en tantos recipentes como cores queiramos de fariña. Amasamos ata conseguir a textura axeitada, ao noso gusto, nin moi seca, nin moi pegañenta, podemos modificala engadindo un pouco máis de auga, fariña ou sal…. Ata que estea como nos parece ben.
E agora a traballar con ela: podemos facer animais, figuras de persoas, cadros…. vota a túa imaxinación a voar.
Esperamos disfrutedes desta actividade. Lembrade que podedes enviar, quen o desexe, o resultado no facebook do Concello de Aranga.
Tutorial de cómo facer plastilina caseira
Algunhas ideas para traballar coa plastilina
https://www.youtube.com/watch?v =ye3EEwOoT8w&list=PLgK76qegaoMy7ixNSmKBazugGLWEPO7K6