HISTORIA

SITUACIÓN XEOGRÁFICA

O concello de Aranga sitúase na parte centro setentrional de Galicia. Limita ao norte cos concellos de Monfero e Irixoa, ao oeste cos de Coirós e Oza dos Ríos, ao sur co de Curtis e ao leste, co de Guitiriz, xa da provincia de Lugo.

Segundo consta no Libro de Actas da Deputación Provincial da Coruña, o 6 de xuño de 1836 constitúese o primeiro Concello de Aranga, ao tempo que se establecen os seus lindes. Pertencente ao Partido Xudicial de Betanzos, inicialmente contemplábase a creación dun concello con capital en Muniferral, composto por doce parroquias.

Na referida sesión de 1836, cítase, por primeira vez, o Concello de Aranga, con capital en Ponte-Aranga, e composto por seis parroquias: San Paio de Aranga, San Pedro de Cambás, San Pedro de Feás, San Cristovo de Muniferral, San Vicente de Fervenzas e Santa María de Rodeiro. En 1839, esta última parroquia intégrase no concello de Oza dos Ríos e créase a parroquia de San Lourenzo de Vilarraso, separándoa da parroquia de Muniferral; situación que se mantén até os nosos días.

Case un século antes, nos meses de xullo e agosto de 1752, levouse a cabo o Catastro do Marqués de Enseada. Nesta obra recóllense, de forma minuciosa, unha serie de datos socioeconómicos e xeográficos necesarios para confeccionar o que se chamaría Proxecto de Única Contribución, para todos os territorios que conformaban o Reino de España.

Naqueles tempos, o territorio do actual termo municipal de Aranga estaba incluído na provincia de Betanzos, unha das sete que conformaban o Antigo Reino de Galicia. Cada provincia estaba dividida en xurisdicións, que podían ser de reguengo, no caso de que o dominio da xurisdición o exercese a Coroa, ou de señorío, no que o dominio sobre a xurisdición o exercían señores laicos ou eclesiásticos. Existía unha terceira forma de exercer o dominio sobre unha determinada xurisdición; xurisdicións de dominio mixto, nas que o dominio era exercido, en parte pola Coroa, en parte polos señores.

As xurisdicións que estaban situadas dentro do actual territorio de Aranga eran:

Xurisdición de Fervenzas: pertencía ao señorío de D. José Ramón Quiroga. Estaba integrada pola parroquia de San Vicenzo de Fervenzas e pola de Santa María de Rodeiro, pertencente ao actual termo municipal de Oza dos Ríos.

Xurisdición de Muniferral: sobre esta xurisdición exercían o dominio o Cabido da Catedral de Santiago de Compostela e o señor D. Lucas Pereira. Nesta xurisdición integrábanse as actuais parroquias de San Pedro de Feás e San Cristovo de Muniferral. Nesta última parroquia incluíase o territorio da actual parroquia de San Lourenzo de Vilarraso.

Xurisdición de Sobrado: o dominio era exercido polo mosteiro de Santa María A Real de Sobrado. Este señorío estaba conformado por un total de doce parroquias, pertencentes aos actuais municipios de Sobrado dos Monxes, Mesía, Curtis e Aranga. Deste último concello integrábanse na xurisdición de Sobrado, as parroquias de San Paio de Aranga e San Pedro de Cambás.

Na actualidade, o territorio do termo municipal de Aranga ocupa unha extensión de 119,60 quilómetros cadrados e está dividido en seis parroquias: San Paio de Aranga, San Pedro de Cambás, San Cristovo de Muniferral, San Vicente de Fervenzas, San Lourenzo de Vilarraso e San Pedro de Feás. Pertence ao partido xudicial de Betanzos e á diócese de Santiago de Compostela.


A orixe do topónimo “Aranga” deriva, segundo todos os estudos, da forma preindoeuropea “ara-“. Esta partícula define un relevo caracterizado por un val encaixado polo que discorre un curso fluvial. Sen dúbida, refírese ao val que forma o río Mandeo ao seu paso pola parroquia de San Paio de Aranga.

O nome de “Cambás” provén da raíz céltica “camb-” que significa “forma curva”. O exemplo máis clarificador atopámolo na vila de Cambados (Pontevedra asentada nunha enseada da ría de Arousa). No caso de Cambás esa forma curva á que alude o topónimo, atópase na topografía do pechado val no que asenta a citada parroquia.

O topónimo de “Fervenzas” alude ao rápido movemento da auga provocado polos saltos ou polas correntes, que simulan o efecto de ferver. Nesta parroquia, situada no extremo sueste do concello, localízase un dos lugares nos que a auga cobra un especial protagonismo, que se reflexa no río Vexo e no fermoso val no que se enmarca.

Ao sur do termo municipal de Aranga localízase a parroquia de “Vilarraso”. Unha vez máis o topónimo é un reflexo claro da topografía da zona. O núcleo de casas ou vila, situada nun lugar plano ou raso. Topónimos de similares características son Vilarchán ou Vilachán.

Un vocábulo moi repetido nos nomes de lugar do concello de Aranga é o que fai referencia á existencia do ferro (do vocábulo latino ferrum). Neste sentido explícanse os nomes de “Muniferral”, parroquia situada no centro do termo municipal. Como vimos con anterioridade, o nome utilizado para a localización dalgúns lugares responde non só á topografía do terreo, senón tamén a algunha característica que denota, por exemplo, a abundancia ou presenza de algo que pague a pena ser subliñado.

Exemplos disto último atopámolos no topónimo da parroquia de San Cristovo de Muniferral, na que se alude non só a existencia dun monte, senón que a descrición se completa realzando a existencia de vetas de ferro.

Moi similar é o nome de Pena Ferreira, na parroquia de Cambás. O nome de pena alude a unha formación rocosa, que resalta na paisaxe e que podemos considerar como un punto máis localizado, xa que se trata dunha unidade de relevo menos extensa do que pode ser un monte.

Na parroquia de Vilarraso, atopamos o lugar de Os Ferreiros. Deste nome enténdese a existencia de artesáns que traballaban o mineral de ferro. Este topónimo é común en lugares localizados nas marxes de importantes vías de comunicación, como é o caso, para repoñer as ferraduras dos cabalos e mesmo algunhas partes dos carros que se desprazaban polo camiño. Preto deste lugar localízase o antigo camiño da Coruña a Lugo, e que na actualidade ocupa a estrada N-VI. Outra importante vía de comunicación que atravesa o lugar dos Ferreiros é o antigo camiño que dende A Castellana se dirixía a Sobrado dos Monxes.


É a capital do municipio, e onde se sitúa a casa do concello.

Aquí sitúase a famosa ponte que lle dá nome ao lugar. A actual construción da ponte data do século XVII, aínda que é segura a existencia dunha ponte anterior a esta, probablemente de madeira.

Augas arriba da actual ponte, no lugar de Congostro, existe a referencia á ponte vella, no que algúns investigadores sitúan un antigo paso do Mandeo, anterior ao actual.

A fábrica da Ponte de Aranga é de cantería de granito, con tres vans desiguais, e con alturas comprendidas entre os 5 e os 6,15 metros. Cinco tallamares protéxeno das continuas correntes. Nos anos corenta constrúese a estrada e amplíase a ponte, desaparecen os petrís de cantería, que son substituídos polos actuais, e nivélase a inclinación da súa fábrica mediante recheo. Esta nivelación deformou o aspecto que en orixe tería a ponte. Unha aproximación á súa morfoloxía orixinal atopámola no escudo do concello, no que se pode observar o desnivel da obra no momento da súa construción.

Como se pode adivinar, Ponte-Aranga constitúe un dos eixes fundamentais nas comunicacións do municipio con outros lugares. Identificáronse 7 camiños reais, que compoñían unha intricada rede, que comunicaba esta zona con lugares como Irixoa, Curtis, Sobrado dos Monxes, Betanzos, As Pontes de García Rodríguez ou Vilalba.

O primeiro enlazaba Ponte Aranga-Cambás-Xestoso e As Pontes de García Rodríguez. O segundo era denominado Ponte Aranga-Pereira-Irixoa. Un terceiro camiño era o coñecido como Camiño de Veiga que, dende Ponte-Aranga, se dirixía a Betanzos, a través de Veiga e Irixoa; aínda hoxe se poden visitar os restos da antiga ponte que cruzaba o Mandeo por Veiga. Contaba cunhas impresionantes bases de cantería de granito que salvaban a canle nun punto no que a anchura do río require unha importante obra de enxeñería. Estivo en funcionamento ata a primeira metade do século XX, no que o Camiño Real ao que lle daba servizo quedou en desuso.

Este ramal formaba parte do camiño Real de Vilalba a Betanzos que, arrancando na capital da Terra Chá, abandonaba a provincia de Lugo e entraba na antiga provincia de Betanzos, a través da Serra da Loba.

Un cuarto camiño comunicaba Ponte-Aranga con Betanzos, a través de Muniferral. Na actualidade a estrada de Ponte-Aranga a Parada segue o trazado deste Camiño Real, case na súa totalidade.

O quinto Camiño Real comunicaba Ponte-Aranga con Sobrado dos Monxes, a través da Castellana e Vilarraso. Este era un dos máis utilizados polas implicacións señoriais do mosteiro de Sobrado coa freguesía de San Paio de Aranga.

O camiño que unía Aranga con Guitiriz arrancaba de Ponte-Aranga e seguía polos lugares de Congostro, O Barreiro, A Fraga, A Cima de Aranga, O Carballal e Os Vilares.

O último dos camiños principais é o que comunicaba Ponte-Aranga con Friol, a través do Pousadoiro. Ademais da ponte, no lugar de Ponte-Aranga localízanse dous dos referentes relixiosos e culturais máis importantes do territorio: a Igrexa de San Paio de Aranga e a coñecida como A Fonte de Santa Cruz.

MONUMENTOS


Igrexa de San Paio de Aranga

Trátase dun templo de grandes dimensións, construído a principios do século XVIII en estilo barroco. Presenta planta de cruz latina na que se inscriben tres naves de grandes proporcións. Dous arcos por lado constitúen o coro con cadeirado, baixo os da dereita o baptisterio e aos dous lados unhas escaleiras permiten o ascenso á planta superior. Na nave principal ábrense dúas capelas comunicadas interiormente por arcos de medio canón. Conta cunha torre de tres corpos rematada nunha típica cúpula barroca de clara influencia Compostela. Dos templos parroquiais construídos na bisbarra das Mariñas, é o de maiores proporcións e o único dentro do estilo barroco galego. No ámbito da igrexa de San Paio localízanse diversos elementos comúns a moitas das parroquias que tiñan unha determinada xerarquía dentro dun territorio. Ao lado da igrexa pódense observar os restos do que foi a casa parroquial, co seu pombal e un belo reloxo de sol. Tamén se pode visitar no cemiterio un fermoso cruceiro, composto por unha plataforma cuadrangular de tres bancadas, rematada nun pedestal cunha curiosa roda lisa. A vara posúe unha sección octogonal, rematada nun capitel cilíndrico, adornado con volutas e querubíns. No anverso da cruz, a imaxe de Cristo Crucificado, que inclina a cabeza á dereita. No reverso, a Virxe, en actitude orante, cos dedos entrelazados, atópase sobre unha peaña de dous querubíns. Toda a peza está fabricada en granito, é dunha grande beleza.

Ermida de San Salvador de Pereira-Aranga

Igrexa de San Cristovo de Muniferral

É o único templo de orixe románica que se localiza no concello. Para acceder a el, débese tomar a estrada que comunica Ois con Aranga, preto do cruzamento que se dirixe a Irixoa.

Trátase dunha igrexa dunha única nave con ábside rectangular, edificada no século XII, no estilo que estaba en auxe na época: o románico. Conserva elementos orixinais como os curiosos canzorros zoomorfos e antropomorfos que decoran as naves.

Como tantas outras igrexas da época foi modificada en anos posteriores. A fachada, a espadana e a sancristía foron edificadas en estilo barroco.

Nas inmediacións localízase un curioso cruceiro cunha plataforma cuadrangular de tres bancadas, rematada nun pedestal cúbico. A vara ten unha sección cuadrangular con chafráns coroada por un capitel cuadrangular. A cruz é, sen dúbida, o elemento máis destacado. Os brazos son cuadrangulares, rematados en chafrán e no anverso pódese ver a figura de Cristo Crucificado, con tres cravos e a cabeza ergueita. No reverso localízase unha curiosa figura que representa a San Cristovo, patrón da freguesía.

Trátase dunha representación atípica dentro da temática dos cruceiros. As imaxes deste santo adoitan representar un home rexo que transporta a un neno a ombros. Cristovo, procede do vocábulo Cristóforo, que significa ‘condutor de Cristo’.

Ermida de San Cibrán do Pousadoiro-Aranga

Igrexa de San Lourenzo de Vilarraso

Igrexa de San Pedro de Cambás

Ermida de San Vitorio dos Caínzos-Cambás e o Cruceiro da Loba

É moi habitual atopar pequenas igrexas ou ermidas erixidas enriba dun castro ou no ámbito das necrópoles megalíticas. Este é o caso da ermida de San Vitorio. Trátase dunha ermida de planta rectangular cun pequeno espazo cuberto ou cabido na parte frontal. A obra é de granito e con cuberta ou lousado de lousa. A orixe desta ermida e do cruceiro remóntase ao ano 1560.

No interior atópase o San Vitorio, santo milagreiro na honra de quen se celebraba unha romaxe moi concorrida o día 22 de maio. É costume depositar unha esmola polo ventanuco do lado sur, mentres se lle pide un desexo.

O cruceiro está asentado sobre unha plataforma cuadrangular de dúas bancadas rematado nun pedestal, tamén cuadrangular. A vara posúe unha sección octogonal.

No anverso da cruz obsérvase ao cristo crucificado, en baixo relevo. No reverso, a Virxe, igualmente en baixo relevo, en actitude orante. O conxunto está realizado en granito. A conservación deste elemento enfróntase aos constantes embates dos axentes meteorolóxicos; a chuvia e o vento desgastaron, ao longo dos séculos, un dos cruceiros máis antigos de Galicia.

No extremo nordés da Serra das Medoñas do Galiñeiro, localízase o denominado Cruceiro da Loba. Posúe unha plataforma cuadrangular de tres bancadas, rematado nun pedestal cúbico chafranado. O varal posúe unha dobre sección cuadrangular e octogonal. O capitel é cuadrangular e a cruz presenta os brazos en chafrán e os remates florenzados.

Nas inmediacións da ermida, atopamos a Pisada de Roldán, cavidade con forma de pé cunha orixe que se atribúe a Roldán, paladín dos Doce Pares de Francia e sobriño do gran Carlomagno. A lenda di que acudiu coas tropas do emperador a Galicia e contribuíu a expulsar aos mouros. (lendas)

Igrexa de San Vicente de Fervenzas

Ermida de San Salvador de Milreu

Igrexa de San Pedro de Feás

Ermida de San Roque de Flores-Feás


Nun promontorio que serve de límite entre as parroquias de Santa María de Ois (Coirós) e San Pedro de Feás (Aranga), localízase un deses lugares nos que o simbolismo cristián tratou de se impór ao pasado pagán. Trátase do lugar de Flores.

Este lugar saltou á bibliografía arqueolóxica grazas ao achado casual, en 1915, dunha peza de singular delicadeza e relevancia, o torques de Santa María de Ois, colar ríxido de ouro en forma de C e datado entre os séculos III e I a. C. A peza ten un ancho total de 15,5 cm e un peso neto de 331,5 gramos. Está composto por unha vara de sección circular ensanchada no centro e remates en forma de pera, ocos. Como única decoración, limitando o tercio central da vara lisa, dispón de dúas espirais de filigrana con botón central. Formalmente a peza responde ás características do tipo ártabro, tan amplamente representado en todo o norte das provincias da Coruña e Lugo, con paralelismos claros en Vimianzo ou en Viladonga. Non obstante, a súa decoración é atípica xa que, aínda que posúe as espirais dobres de fío de ouro, carece de arames enrolados nos extremos da vara, polo que este torques supón unha variante decorativa dentro do mencionado como grupo ártabro.

Na cultura castrexa, o torques indicaba unha xerarquía, un posicionamento de relevancia dentro da sociedade. Estes adornos aparecen amplamente representados nas culturas de guerreiros galaicos e lusitanos.

O torques foi adquirido en 1922 polo Museo Arqueolóxico Nacional. Segundo se di, a persoa que o atopou vendeuno en Betanzos por 14.000 reás. Esta peza, aínda que excepcional, non é máis que outra evidencia do asentamento castrexo que houbo no lugar. Na actualidade, a penas se poden apreciar os restos do castro, aínda que si se conservan lendas sobre o lugar. Estas lendas falan de covas, mouros, ouro e castros.

A capela de San Roque

No lugar en onde, na antigüidade, se situaba a croa ou recinto central do castro, agora pódense observar os restos da capela de San Roque. Distínguese a nave e a ábsida rectangular. Conserva un arco de triunfo de traza gótica, sustentado por dúas semicolumnas de fuste curto, con bases e capiteis de tradición románica. O interior estaba completamente decorado con pinturas datadas no século XVI.

Sobriño Cevallos, J. E Veiga Ferreira, X.M. recollen tradicións e crenzas que sobrevivían ata hai pouco tempo arredor deste lugar. Unha destas crenzas, de clara tradición pagá, consistía en dar unha volta arredor da capela cunha vaca atada, co fin de que esta quedase preñada. Ao finalizar metíase por debaixo da porta principal un patacón dicindo: “Que o San Roquiño nos axude”.

Neste lugar celebrábase unha festa os días oito de cada mes, a Feira do Oito, aínda que pouco a pouco se foi perdendo e deixou de celebrarse nos anos corenta.

Ermida das Dores no Carballal-Aranga

Ermida de San Antonio da Reborica-Aranga


Casas Grandes

Casa das Vinculeiras (Lagoa-Feás)

Casa do Médico (Veiga-Aranga)

Casa Grande en Congostro (Aranga)

Casa Grande no Torreiro (Feás)

Casa Grande nos Paraños (Fervenzas)

Casa Grande en Vilela (Muniferral)

Casa Grande en Castelos (Muniferral)

Casa Grande na Figueira (Muniferral)

Casa Grande en Orosa (Vilarraso)

Rectorais

Casa Rectoral en Ponte-Aranga

Casa Rectoral en Ribadevila (Feás)

Casa Rectoral en Cambás

Castelo

Castelo de Bermanzón (San Paio de Aranga)

No ano 1944, D. José María Luengo efectuou unhas excavacións arqueolóxicas no que el identificou como o castelo de Aranga. Na publicación dos traballos de excavación dá conta dunha noticia que reflexa a existenza da citada fortaleza a finais do século X.

Trátase dunha escritura de restauración do mosteiro de Santa Eulalia de Curtis, que fora destruído polos normandos tal vez na súa última invasión (970 a 971). A escritura foi outorgada por San Pedro de Mezonzo no ano 995, e nesta menciónase a parroquia de “San Vicentio de Narmaia, quae justa Castellum de ARANGA”.

A fortaleza ou CASTELLUM DE ARANGA localízase na confluencia de dous cursos fluviais: o rego de Cambás e o río Mandeo. Na actualidade, a penas son visibles algunhas das estruturas que conformaron o deseño desta fortaleza, situada, tal e como explica D. José María Luengo, nun niño de aguias.

Aínda hoxe existe un descoñecemento absoluto sobre os motivos da instalación desta fortaleza nun ámbito tan agreste. Diversos autores relaciónano coa presenza da Orde o Temple por estas terras. A situación desta fortaleza respondería a criterios defensivos, xa que está situado nun lugar estratéxico dende o que se ten un perfecto dominio do acceso ao val do Mandeo.

Sen lugar a dúbidas, existe unha estreita relación entre este castelo e o achado da Santa Cruz de Aranga. Os dous elementos pertencen a un mesmo momento histórico, que poderiamos situar dentro da etapa que os historiadores denominan Alta Idade Media, entre os séculos X e XI.

Tamén se podería interrelacionar a presenza desta fortaleza con referencias bibliográficas, que dan conta da existenza de antigos mosteiros como o do Carballal. Don Santiago Daviña Sainz recolle na súa espléndida obra de O municipio de Aranga e o Catastro do Marqués de Enseada a posible existenza desta fundación:

“En esta aldea y, posiblemente en el lugar que hoy ocupa la mencionada capilla, estuvo situado el antiquísimo monasterio de Aranga, que terminó sus días convertido en Priorato, desapareciendo como tal con la desamortización de Mendizábal”

O mesmo autor faise eco doutras referencias que aluden á presenza dun antigo mosteiro, no lugar da Maía (San Pedro de Cambás), do que se asegura que é máis antigo que o de Sobrado, e se sitúa nun lugar chamado O Adro de San Vizencio.

Na Crónica Xeral da Orde de San Benito, escrita por Frei Antonio de Yepes en 1601, cítase:

“… el monasterio de San Paio de Aranga, por la era de mil y doscientos y cincuenta y cuatro…”

Moi preto deste lugar documéntase un topónimo alusivo á existenza doutra fortaleza. Trátase do lugar que os veciños coñecen como O Castelo.

Sen poder confirmar a existenza destes lugares, parece claro que a presenza do castelo de Aranga ou o achado da Santa Cruz non responden unicamente a acontecementos illados, senón que máis ben parece que se trata dunha zona de extraordinaria relevancia na Idade Media.

A influencia do mosteiro de Sobrado sobre as parroquias de San Paio de Aranga e San Pedro de Cambás resulta esclarecedor, xa que a xurisdición sobre as parroquias anteditas podería responder a unha absorción ou concentración do poder ou do dominio que os antigos mosteiros tiñan sobre estas terras.

Logo do levantamento irmandiño, moitas fortalezas quedaron en ruínas. Pasado o levantamento, en moitos señoríos laicos, os señores obrigaron os seus vasalos a reconstruír as súas fortalezas. Pola contra, no caso dos señoríos eclesiásticos, estas reconstrucións non se levaron a cabo. É o caso da fortaleza de Aranga, que se atopaba baixo o dominio do mosteiro de Sobrado.

En 1523, levouse a cabo unha especie de xuízo cabo do arcebispo de Comspostela, Don Juan de Taberna. Este xuízo tiña por obxectivo comprobar o estado das fortalezas da mitra Compostela que foran derrocadas no levantamento irmandiño (Rodríguez González, A. 1984).

Neste preito atopamos dous testemuños que nos falan da fortaleza de Aranga. O primeiro é de Rui Méndez, veciño da cidade de Betanzos e que, aos seus 80 anos recorda.

“… que podrá aber çincoenta años poco más o menos que en la çiudad de Betanços se llbantó la gente común della en hermandad y después de llebantada todas las tierras alderrededor della se llebantaran e juntaran ansimismo en la dicha hermandad … dize este dicho testigo oio decir por pública boz que se llebantara en todo el Reino de Galizia los pueblos e gente común del e que las dicha hermandades de la çiudad de Betanços y de las otras partes fueron a derrocar con mucha gente las fortalezas de Anbroa e Motrin que heran de Diego de Andrade … e ansimismo oio decir que derrocaran la fortalza de Aranga que hera de los Vilarullo e ansimismo dize que oio decir que los de la dicha hermandad de dicho Reino de Galizia derrocaran otras muchas fortalezas de señores perlados de dicho Reino de Galizia …”

Estes testemuños confirman, por un lado, que a fortaleza de Aranga foi derrocada nas revoltas irmandiñas. Por outro lado, sabemos que a devandita fortaleza non foi reconstruída ao acharse baixo o dominio do mosteiro de Sobrado.


Ponte de Ponte Aranga – Ponte Roda Maia (O Barreiro-Aranga)

Ponte de Veiga (Aranga)

Ponte Vella da Castellana

LUGARES DE INTERESE

ESPAZO PROTEXIDO

Barranco da Loba

SERRAS

Serra da Rilleira

Barranco da Loba

Tra-la serra

Cordal de Montouto

VALES

Val de Vexo

Val de Cambás

Val do Mandeo

RÍOS

Río Mandeo

Río Cambás

Río Deo

Río Pontigo

Río da Palanca

Río de Vexo

Río Mollapán

Río de Cazuín

Río dos Caínzos

Río O Porto

Río do Porto-Crego

Río do Porto

Río de Buño

Río do Apeadeiro

Río Samel

Río do Piugueiro

Río Salmés

PRESAS/EMBALSES

Presa nas Barbudas de Riba (Aranga)

Presa no río de Bexo (Fervenzas)

Presa de Veiga (Aranga)

CAÍDAS DE AUGA

Fervenza (Fervencedo-Fervenzas)

Pozo Castro Rodicio (Fragachá-Cambás)

Pozo Miguel (Fragachá-Cambás)

Caídas de auga no Rego da Palanca

ÁREAS DE RECREO

Área de recreo en Ponte Aranga

Parque infantil en Ponte Aranga

Parque infantil no CEIP A Castellana

Área recreativa da A. VV. Santa Cruz de Aranga en Congostro (Aranga)

MIRADOR

Mirador en Vieiro


REDE DE SENDEIROS

Aranga conta cunha Rede composta por 3 rutas de sendeirismo coa que pretende que o visitante goce e coñeza a riqueza natural, paisaxística e cultural que se encerra nos seus montes e fragas.

A rede de sendeiros articúlase en torno a tres unidades paisaxísticas: O Val do Mandeo, os regos e fragas que conforman a súa cabeceira e o Cordal de Montouto e a Serra da Loba, estribacións setentrionais da liña montañosa coñecida como a Dorsal Meridiana Galega.

As tres rutas que constitúen esta rede de sendeiros acondicionáronse e sinalizáronse convenientemente, incluíndo a instalación de diferentes puntos de interpretación nos que se aproxima ao sendeirista o coñecemento do patrimonio natural e cultural do concello.

VEIGA DO MANDEO

Trátase dunha ruta circular de 9 quilómetros e de dificultade media; discorre no seu primeiro tramo, duns 4 quilómetros, por un camiño empregado tradicionalmente polos pescadores. Presenta unha topografía sen desniveis e a única dificultade estriba en evitar as raíces das árbores que conforman o fermoso bosque de ribeira.

Xa no lugar de Veiga, a presa no río ofrécenos unha imaxe espectacular xunto cunha ponte en ruínas e, moi preto un muíño. É ao pasar a aldea cando a ruta ascende por unha corredoira monte arriba pasando polo “Caserío do Outeiro”, fermosa aldea abandonada formada por un grupo de casas e unha escola.

Ao longo deste tramo ata cegar ao lugar de Pereira, o desnivel nalgúns puntos esixe unha certa preparación física. Dende Pereira descéndese por camiños tradicionais ata alcanzar o punto de inicio en Ponte Aranga.

VAL DE CAMBÁS

Esta ruta parte de Aranga río arriba ata chegar ao Couce, do que dista case 6 quilómetros.

O sendeiro remonta no seu primeiro tramo o curso de Mandeo. Ao chegar ao rego de Cambás, a ruta desvíase á esquerda. A riqueza natural e paisaxística da fraga das Barbudas constitúe un dos atractivos do camiño. Algúns puntos presentan certa dificultade polo angosto e encaixado do terreo, circunstancia que obriga a extremar as precaucións.

A ruta abandona o rego de Cambás (aínda que se ofrece a posibilidade de continuar o curso do regato ata chegar ao Pozo de Castro Rodicio, onde se pode contemplar unha fervenza de grande atractivo), para seguir por outra das correntes que conforman a cabeceira do Mandeo: o rego da Palanca. Neste tramo a auga salva importantes desniveis formando espectaculares fervenzas.

Unha vez no lugar do Couce, existe a posibilidade de enlazar coa Ruta 3, ou ben desandar o camiño, para regresar ao punto de partida.

SERRA DA LOBA

Trátase dunha ruta circular de 21 quilómetros doada de transitar, tendo o seu punto de inicio e de final no lugar do Couce.

A primeira parte do trazado desta ruta discorre pola zona de cumios que conforman O Cordal de Montouto e a Serra da Loba. Estes montes marcan o linde entre as provincias da Coruña e Lugo.

Ao abandonar a zona alta, o sendeiro atravesa camiños tradicionais á sombra das carballeiras do Val de Cambás. Durante o percorrido atoparémonos o conxunto arquitectónico de Portomazás (constituído por unha palleira e unha casa de sobrado; tamén pasaremos ao carón do Cruceiro da Loba, que limita as provincias da Coruña e Lugo e os concellos de Aranga, Monfero e Guitiriz, e tamén por San Vitorio (ver apartado de arquitectura relixiosa).


FESTAS RELIXIOSAS

– Romaría da Santa Cruz de Aranga (3 de maio e domingo seguinte)

– San Paio de Aranga (26 de xuño) – San Salvador de Pereira-Aranga (30 de agosto)

– San Cibrán do Pousadoiro-Aranga (6 de setembro)

– Virxe das Dores no Carballal-Aranga (20 de setembro)

– San Pedro de Cambás (28 de xuño)

– Virxe das Angustias en Cambás (17 de setembro)

– San Pedro de Feás ( 28 de xuño)

– Virxe do Rosario en Feás (7 de outubro)

– San Salvador de Milreu-Fervenzas (6 de agosto)

– San Vicente de Fervenzas (22 de xaneiro)

– Santa Isabel no Sixto-Fervenzas (19 de xuño)

– San Cristovo de Muniferral (30 de xullo)

– San Lourenzo de Vilarraso (10 de agosto)

– San Xusto de Orosa-Vilarraso (31 de maio)

FOLKLORE

– Festa da árbore en Ponte Aranga (mes de maio)

FEIRAS

– Na Castellana o día 3 de cada mes

OUTRAS FESTAS

– Festa da Caza (mes de setembro)

-Festa da Fraga organizada pola Federación Veciñal de Aranga “Fragas do Mandeo (mes de agosto)


GRUPO MUNICIPAL DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL “PATULEIRIÑAS”

Dende a súa creación como Escola Municipal de Baile e Música tradicional no ano escolar 1996-1997 pasou por unha fase inicial de impartición de clases de baile e pandeireta, a partir do ano 1998 empezou a realizar actuacións en celebracións do Concello como o Día da árbore, sendo tradicional a súa participación dende entón. Algunha das saídas: Día da muiñeira 3 xuño 2000 en Santiago de Compostela, gravación no programa “Luar” o 24 de marzo do ano 2003 e o venres 6 de febreiro de 2004.

No ano escolar 2000-2001 decidiuse realizar por primeira vez unha vestimenta, conformándose así como grupo e iniciando as actuacións en festas parroquiais do noso municipio ao longo do verán (Castellana, Fervenzas, Cambás, Pousadoiro….) acudindo a todas as festas que o solicitaron con gran éxito.

Tamén se comenzou a participar noutras festas dos arredores como Teixeiro o 9 de setembro 2003 ….. O grupo de pandereteiras participou en diversos concursos en Santiago de Compostela e na Coruña en varias ocasións dende o 2003, decidíndose denominar o grupo como “Patuleiriñas”.

En canto aos monitores Carlos Vidal Chans foi o iniciador e continuou como monitor do grupo ata o 2005, e neste curso 2005-2006 incorporouse Cristina Sánchez Veiga, nunha nova etapa na que se inicia a formación dun grupo de instrumentación con gaita, tambor…; ano no que se fai unha renovación do vestiario.


CENTROS DE SAÚDE

Centro de Saúde da Castellana 981 789 514

Centro de Saúde de Muniferral 981793 573

FARMACIA

– Farmacia Mª Jesús Buján López (A Castellana. Tlf.: 981 789 660)

SERVIZO TAXI

-Dositeo Tizón Villar Tlfs.: 981 789 584 // 649 475 356)

-Francisco Ares Pérez Tlf: 659 834 282

-Jose Angel López Rodríguez Tlfs: 659 355 665 // 659 953 426

HOSTELERÍA

– Restaurante D’Tizón (Montesalgueiro, 42. Tlf.: 981 789 552)

– Restaurante Casa Ferreiro (Cruce Montesalgueiro. Tlf.: 696609684)

– Jesus Abad Teléfono 981 789 543

– Café Bar A Taberna ( Ponte Aranga, 9. Tlf.: 981 793 577)

– Café Bar O Carballal ( O Carballal, 1. Tlf.: 981 195 595)

– Bar O Gallado 608 215 945

– SRCD “O Cruceiro” (Aturela-Feás)

– Bar Legionario (Flores,1. Tlf.: 981 195 050)

– Café Bar Galicia (Montesalgueiro. Tlf.: 981 789 580)

– Café Bar O de Cris (Montesalgueiro)

– Casa Abad (Montesalgueiro. Tlf.: 981 789 058)

– Café Bar Sixto (O Sixto. Tlf.: 636 081 216)

– Café Bar A Castellana (A Castellana. Tlf.: 981 789 550)

– Café Bar Paco (A Castellana. Tlf.: 981 789 512)

– Café Bar O Latoneiro (A Castellana. Tlf.: 981 789 434)

– Café Bar Casa Solme (A Castellana)

– Casa Vázquez (A Reborica. Tlf.: 981 789 657)

– Café Bar Vidal (O Gallado. Tlf.: 981 793 503)

EMPRESAS DE ALIMENTACIÓN

– ARQUEGA (Artesanos Queseros de Galicia Tlf.: 981 789 303)

– Queixos Hermida (Pereira. Tlf.: 981 793 547)

– Supermercado A Castellana (Teléf.: 981 789 637)

CONSTRUCIÓN

-Construcións Aranga SL (Tlf.: 620 191 279)

– Construcións Juan Filgueiras Paz (Teléf.: 639 515 921)

-Aurelio Seoane Roca (Teléf.:81 798 204)

-Rafael Áres Pérez ( Teléf.: 981 798 320)

-Construccións Jesús Calvo (Teléf.: 679 429 851)

– Construcións Cocastelo SL (A Castellana, 38. Tlfs.: 981 789 535 // 620 848 937)

– Ferralla Montesalgueiro (Teléf.: 981 789 681)

– Ferretería Yánez (A Castellana. Tlf.: 981 789 677 // Fax: 981 789 059)

– Mármores José Luis (Carballotorto. Tlfs.: 981 196 057 // 610 301 938)

– Mármores e Granitos Grisán (A Castellana, N-VI, teléf.: 981 789 770)

-Mármoles Quintián (Teléf.:625 377 997 )

-Escaiolas Victor (Teléf.: 687 701 178)

-Excavaciones Vázquez (Teléf.:696 196 228)

TALLERES E DESGUACES

– Desguace Eugenio Castro (A Posta, teléf.: 981 789 272)

– Comercial Reagrides SL (A Reborica, teléf.: 981 789 444)

– Talleres Yaco Motor (Cerdelo, teléf.: 981 798 136)

-Talleres Alfonso Roca (Teléf.:981 789 520)

– Agrícola Talleres Castellana SL (A Castellana. Teléf. e Fax: 981 789 511)

– Talleres José Luis Roca Rodríguez. (A Castellana, 50. Tlf.: 981 789 658)

MADEIRA

– Madeiras Freire Yánez (A Castellana. Tlfs.: 981 789 628 // 626 085 434)

– Puertas Vales (Montesalgueiro. Teléf.: 981 789 716)

PERRUQUERÍAS

– Ana Isabel Álvarez, Apeadereo: Teléfono 981 798 141

– Pilar Calvo, Custeiras: Teléfono 981195 079

– Perruquería Ego’s (A Castellana, N-VI)

-mimaTE, A Castellana: Teléfono 651070700

– Perruquería Pili ( Ponte Aranga, Tlf.: 981 793 577)

FUNERARIAS

– Funeraria Tanatorio San Lorenzo (A Castellana, teléfs.: 981 789 584 // 649 475 356)

-Funeraria Os Remedios e Valiño (Teléf.: 981 787 654)

SEGUROS

– Seguros Ocaso- (A Castellana, 21. Tlfs.: 981 789 584 // 649 475 356)

MORTEROS

– Canteira de Montesalgueiro ( Tlf. e Fax: 981 789 219 // 981 173 616)

– MINHOR Hormigones y Morteros (Montesalgueiro, teléfs.: 981 789 219 // 981 173 616)

VIVEIROS

– Viveiro Alta Montaña (Montesalgueiro. Tlfs.: 981 785 052 // 608 587 157)

-Viveiros Luís Mántaras (Teléf.: 629 887 267)

-Viveiros Montesalgueiro (Teléf.:981 785 052)

TRANSPORTES E LOXÍSTICA

-HERTRANS SCL (Montesalgueiro. Tlf.: 981 785 104 // Fax: 981 777 563)

-UDIAL S.L. (Teléf..981 789 842// 981 789 844)

LIMPEZAS INDUSTRIAIS

PORTODEPAULA (Teléf.: 696 411 372)

TRABALLOS FORESTAIS E AGRÍCOLAS

LM_Compostelana (Teléf.:981 793 517)

COOPERATIVA AGRARIA

CUSOVIAME (Teléf.: 981 195 694)

Anterior PMP

Conecta connosco

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm