ACORDOS ECONÓMICOS

CERTIFICACIÓN
Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga, secretario do Concello de Aranga, agás erro ou omisión involuntaria, CERTIFICO o acordo que deseguido transcribo  do borrador da acta da sesión plenaria do 27/06/2019:
“8.- ACORDOS DE CONTIDO ECONÓMICO: RÉXIME DE DEDICACIÓNS, ASISTENCIAS E INDEMNIZACIÓNS.
O alcalde procede á lectura da súa proposta:
“Constituída  a Corporación Municipal para o mandato 2019/2023 , logo de ver o artígo 75.1 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réximen Local, que establece a posibilidade de que os membros das Corporacións Locais desempeñen os seus cargos con dedicación exclusiva ou parcial, sendo nestos casos dados de alta no réxime xeral da Seguridade social asumindo a corporación o pago das cuotas empresariais  que correspondan.
Tendo en conta o volume de servizos, actividades e expedientes de diversa natureza  nesta corporación, faise necesario, para o seu adecuado seguimento e atención específica, vistos os artigos 75, 75 bis e 75 ter da lei 7/1985 de 2 de abril, é polo que propoño ao pleno municipal, a adopciòn do seguinte acordo:
Primeiro: Que quede afecto ao rèxime de dedicación exclusiva  o cargo de Alcalde -Presidente .  As súas retribucións serán as fixadas nas Bases de execución do orzamento: 35.700,42 € divididos en catorce mensualidades.
Segundo: Que os seguintes cargos  teñan asinada unha dedicación parcial  , coas seguintes cuantías  divididas en catorce mensualidades:

CARGO CON DEDICACIÓNPARCIAL AL %IMPORTE TOTAL
1ºTeniente de Alcalde /Concelleiro delegado8524.206,42
2ºTeniente de Alcalde /Concelleiro delegado5014.241,92

Terceiro:  As cantidades asinadas  deberán actualizarse segundo o establecido para os funcionarios na lei de orzamentos xerais do estado para cada ano.
Cuarto: Os cargos con dedicacións serán dados de alta a   no Réximen Xeral da Seguridade Social cun código de cotización distinto ( cargo con dedicación parcial) asumindo o Concello as cuotas empresariais que lle correspondan , dende a súa toma de posesión , nomeamento ou desinación .
Quinto: Para a efectividade  deste acordo se require a aceptación expresa por parte das persoas que ocupan os cargos  que teñen asinada á dedicación.Se publicará no Boletín Oficial da Provincia e  no portal de transparencia.
Sexto :  Os membros da Corporación que  non desempeñen cargos con dedicación percibirán, pola concurrencia efectiva as sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, a cantidade de 70,00 €  pola concorrencia efectiva ás sesións de calquera dos órganos colexiados, modificandose a correspondente  base das de execución do orzamento.
Sétimo: As indemnizacións por gastos efectivos ocasionados no exercicio dos distintos cargos regulánse polas regras de apliación xeral nas Administracións Públicas, constituidas polo Real Decreto 462/2002 de 24 de maio , Orde do 8 de novembro de 1994 e Resolución de 2 de decembro de 2005.
Aranga, a 20 de xuño de 2019.O Alcalde :Asdo:Alberto Platas Álvarez.”
Sometida a votación, queda aprobada a proposta da alcaldía por cinco votos a favor do grupo Popular e catro en contra do grupo socialista.”
E para que conste, asino o presente certificado co visto e prace do alcalde, coas limitacións do estabelecido no artigo 206 do RD 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento, organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, co visto e prace do alcalde.
Aranga, venres 28 de xuño de 2019
A secretaria, Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga
O alcalde, Alberto Platas Álvarez

Anterior NOMEAMENTOS DE TENENTES DE ALCALDE

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm