ACTA Nº 2024/6
SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN
SALA DE SESIONS DA CASA CONSISTORIAL, XOVES 27 DE XUÑO DE 2024
No día de hoxe, ás 18:00 horas, baixo a presidencia da alcaldesa, reúnense os concelleiros e concelleiras que se indican, coa asistencia do secretario, que subscribe, co obxecto de celebrar, en primeira onvocatoria, Sesión Ordinaria do Pleno da Corporación.
PRESIDE:
- ALBERTO PLATAS ALVAREZ
ASISTEN:
PP
- JOSE MIGUEL IGLESIAS ARES
- EVA MARIA SANCHEZ BRAÑAS
- MARTA FREIRE VAZQUEZ
- AMPARO RIVAS PENA
PSOE
- RUBEN GARCIA VIDAL
- CARLOS PLATAS ROCHA
- SANDRA PENA BARBEITO
- MANUEL SANCHEZ CARRO
AUSENCIAS:
SECRETARIA:
- ANA MARIA OCAMPO PEREZ GOROSTIAGA
Constátase a presenza de membros deste órgano en quórum suficiente, polo que o alcalde, como Presidente, declara aberta a sesión. Procédese a tratar os asuntos incluídos na ORDE DO DÍA
1 APROBACIÓN SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.
O Alcalde, Alberto Platas Álvarez , pregunta se algún membro do pleno municipal quere formular algunha observación ao borrador da acta da sesión anterior que foi previamente distribuida coa convocatoria. Non formulándose observacións, queda aprobada a acta da sesión do 13/05/2024 por unanimidade dos membros presentes, manifestando Sandra Pena Barbeito que se remite á grabación da acta .
2 DECRETOS, BANDOS E RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
Dáse conta dos decretos , bandos e resolucións da alcaldía ditados dende a celebración da última sesión ordinaria celebrada, e decir, os comprendidos entre os números 2024/G003/000116 e 2024/G003/00191.
Os membros do pleno quedan enterados do contido dos mesmos, sen formular observacións, excepto en relación coa resolución 2024/G003/000165 relativo a orde de devolución do importe da subvención non xustificada do gasto social do Pos +Gastos sociais 2023. Manifesta Sandra Pena Barbeito que lle parece un escándalo ter que devolver este diñeiro por non xustificar gastos. Son cantidades que se ingresan de forma anticipada, que xa conocedes ao aporbar o orzamento . Manifesta que considera que “é unha puñetera pena” máxime tendo en conta que tedes tres dedicacións e non estades a xestionar ben.
O alcalde contestalle que non poden xustificar gastos más que nos programa solicitados, e a
conceden con retraso.
Sandra Pena continua decindo que lle ofende que se ría porque é tremendo que non podades
executar os programas.
3 DACIÓN EN CONTA DA REMISIÓN DE INFORMES: PMP 1o TRIMESTRE, EXECUCIÓN ORZAMENTARIA 1º TRIMESTER, RESUME DO CONTROL INTERNO E DOS REPAROS, APROBACIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2024, INFORME DO ESFORZO FISCAL 2022
De seguido dáse conta da remisión, a través da oficina virtual de coordinación financieira coas entidades locais, dos informes de intervención relativos ao primeiro trimestre de 2024: informe de execución orzamentaria e PMP. Dáse conta igualamente da remisión dos informes de aprobación do orzamento de 2024, cos informes pertinentes e do informe de esforzo fiscal correspondente ao 2022.
Dáse conta igualmente da remisión da información do control interno do ano 2023 e dos reparos e informes de omisión de fiscalización remitidos a través da plataforma RICEl e do portal de Rendición de contas.
Os membros do pleno municipal quedan enterados do contido dos mesmos, sen formular ningunha observación.
4 APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DA TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO 2024.
Dáse lectura á seguinte proposta:
“Logo de elaborar o padrón de contribuíntes da Taxa polo Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos de 2024, resultan os seguintes datos:
- Número de contribuíntes: 1.137 (1.089 vivendas e 48 comercial)
- Importe do padrón: 53.325,00 euros.
Despois de que este se examinou detidamente propoño ao Pleno Municipal a adopción do seguinte acordo:
Primeiro: Aprobar o indicado padrón fiscal de conformidade co previsto nos artigos 12 e seguintes do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais para o exercicio 2024, aprobando os recibos:
Soporte | Concello | Descripción | Nº Valores | Importe |
6259 | Aranga | Taxa recollida llizo 2024 anual | 1137 | 53325,00 |
Segundo: Que se expoña ao público, durante o prazo de quince días hábiles,a contar dende o día seguinte á publicación dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia, publicándose igualmente no Tablón de Edictos da sede electrónica da Casa Consistorial.
Terceiro: No caso de que non se presenten reclamacións, o presente acordo quedará elevado a definitivo.
Cuarto: Remitir copia do presente acordo á Deputación Provincial da Coruña.
Aranga, 3 de Xuño de 2024.O alcalde.”
Sometida a votación a proposta queda aprobada por cinco votos a favor coa abstención dos catro membros do grupo socialista.
5 MOCIÓN DO GRUPO POPULAR RELATIVA AO TEMA SANITARIO
O Alcalde dá lectura á seguinte :
“MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO POPULAR DO CONCELLO DE ARANGA PARA DENUNCIAR A INACCIÓN DO MINISTERIO DE SANIDADE ANTE A NECESIDADE EXTREMA DE PROFESIONAIS SANITARIOS DE ATENCIÓN PRIMARIA NO CONXUNTO DO SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE ESTE VERÁN”
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A necesidade de profesionais sanitarios en atención primaria representa un dos grandes problemas de todo o sistema nacional de saúde. A esta cuestión súmase este ano o feito de que en 2020, debido á pandemia do covid-19, os médicos internos residentes (mir) incorporáronse no mes de setembro en vez de incorporarse no mes de maio como é habitual.
Ïsto provocou que 2.224 mir de medicina de familia e comunitaria do cuarto ano non acabaran aínda a súa formación.
Nada máis ser nomeada ministra, na súa primeira reunión do consello interterritorial de saúde do pasado decembro de 2023, as comunidades gobernadas polo partido popular xa alertaron a Mónica García do problema da falta de médicos de atención primaria.
O pasado 23 de maio de 2024, os conselleiros autonómicos de sanidade donde goberna o partido popular solicitaron ó ministerio de sanidade a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do consello interterritorial do sistema nacional de saúde para “ abordar de maneira monográfica a necesidade de cubrir a falta de profesionais sanitarios de atención primaria para este verán.
A falta de liderazgo e solucións por parte do ministerio de sanidade marcaron este encontro tras o que Mónica García xustificouo “ cierre de camas “ no verán, algo que criticaba cando estaba na oposición na Comunidade de Madrid.
Ante a ausencia de propostas concretas por parte da ministra, os conselleiros de sanidade das comunidades autónomas gobernadas polo partido popular pediron púlicamente que fixera uso das súas competencias e proporcionara o número de profesionais sanitarios para que o sistema nacional de saúde funcione correctamente.
Cabe recordar que a competencia da formación de especialitas é do ministerio de sanidade, a responsabilidade de tomar medidas extraordinarias relacionadas coas convocatorias mir para que non queden vacantes é competencia do ministerio como tamén, por exemplo, a autorización das unidades formativas.
Pola inacción de Mónica García nos ultimos meses, consideramos que a responsabilidade última da falta de médicos este verán será da ministra de sanidade.
Ante esta situación, o concello de aranga pide ó goberno central que traballe, desde o cumplimento riguroso da normativa e do reparto competencial vixentes, para materializar con extrema urxencia medidas de utilidade real frente á crítica necesidade dos citados profesionais sanitarios que existe na atención primaria do conxunto do sistema nacianal de saúde de cara ós meses do presente verán.
Aranga, 21 de xuño de 2024. O alcalde”.
Pide a palabra Sandra Pena Barbeito e manifesta que fai dous anos o seu grupo presentou unha Moción sobre este tema. Contestaches que falaras co médico e te dixera que non tiña problema. O ano pasado reiteramolo. Ofrecimonos no pleno para redactar unha moción conxunta sobre este tema pero vos negastedes. Ahora ves con estas. E que este ano xa sabes que vai a haber problemas? Parecenos vergonzoso.
O alcalde contestalle que efectivamente non apoio esa proposta do grupo socialista preguntadelle a Sandra contra quen se dirixa a moción.
Sometida a votación a proposta queda aprobada por cinco votos a favor dos membros o grupo popular e catro votos en contra do grupo socialista, ordeando o alcalde que, aprobada a moción, se remita a Sanidade.
MOCIÓNS DE URXENCIA
Terminado o exame dos asuntos incluídos na orde do día, o alcalde pregunta se algún grupo político desexa someter á consideración do pleno , por razóns de urxencia, algún asunto no comprendido na orde do día e que non teña cabida no turno de rogos e preguntas, de conformidade co artigo 91.4 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro.
Non se presenta ningunha.
6 ROGOS E PREGUNTAS
Pide a palabra Sandra Pena Barbeito e formula as seguintes preguntas e rogos:
1. Solicita que se leve a cabo a limpeza da pista de Framonce a Xiela en Feás, porque é
urxente dado que non pasan os tractores.
O alcalde contestalle que toma nota.
2. Respecto da marquesina de Sixto pregunta como está.
O alcalde contestalle que tenían a previsión de facela como reparación pero a Intervención manifesta que se trata dunha inversión para a que non existe crédito polo que tendremos que modificar créditos para poder facela.
3. En relación co parque biosaludable fronte a Igrexia de Muniferral, e tendo en conta que se produce un pequeno rebrote de natalidade na parroquia , solicita que se inclúa en canto sexa posible, un parque infantil no mesmo lugar, ao haber espazo suficente.
O alcade contestalle que toma nota.
4. En relación coa prestación do servizo de axuda a domicilio, trala adxudicación do servizo, estáse prestando en todos os domicilios onde se prestaba?.
A concelleira delegada de servizos sociais manifesta que entre esta semana e a que ven, quedan cubertos todos.
5. Cando se executan as obras do POS pendentes?
O alcalde contestalle que estamos na fase de contratación polo que non se retrasará moito o inicio das mesmas.
6. Fixestedes algo con Polígono industrial ao rematar o prazo que tiñan para iniciar a urbanización?
O alcalde contestalle que sinceramente aínda non fíxemos nada. Pero mantemos a nosa idea de adoptar medidas para solventalo.
7. Tiñades prevista a revisión do PXOM. Para cando?
O alcalde está pendente de manter unha entrevista co Secretario Xeral de Urbanismo, a fin de poder obter axudas para a súa realización e coordinar traballos. Pero debido aos recentes cambios políticos, estou a espera. Quedará para o ano 2025 porque haberá que meter o seu coste nos orzamentos.
Ás 18:30 horas non hai máis asuntos que tratar. Por orde da Presidencia, levántase a sesión, da que se estende a presente acta, da que eu, secretaria, dou fe.
Concello de Aranga, venres 28 de xuño de 2024
A secretaria, Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga
O alcalde, Alberto Platas Álvarez