Bases para a concesión de subvencións municipais en materia de cultura e deporte durante o ano 2024 no Concello de Aranga
BDNS (Identif.): 798435
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/798435).
Primeiro. Beneficiarios
Poderán optar a estas subvencións, sempre que cumpran os requisitos indicados:
- As entidades ou asociacións, xuridicamente constituídas, así como os comités organizadores, que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e cumpran os seguintes requisitos:
- Carecer de ánimo de lucro.
- Desenvolver a súa actividade dentro do termo municipal de Aranga ou con beneficio evidente para a veciñanza.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda concedida polo Concello, salvo que a Comisión de Subvencións aprecie razóns para xustificar a exención deste requisito.
- Estar ao día nas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e co Concello.
- Non estar incurso en supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
- As ANPA dos centros de ensino público do Concello.
- Deportistas individuais do Concello que estean en posesión da licenza de federado expedida pola correspondente federación deportiva, teñan máis de 18 anos, leven empadroados no Concello máis de dous anos e non presenten solicitude como asociación.
Segundo. Obxecto
- Apartado de actividades:
- Dinamización da mocidade: cursos, charlas, actividades de verán, lecer e tempo libre, programas de integración social, etc.
- Promoción, cooperación e recuperación da cultura, historia e tradicións locais (festivais, publicacións, certames, mostras, exposicións).
- Fomento das artes plásticas, audiovisuais, musicais ou escénicas (certames, cursos, concertos).
- Promoción do deporte, exercicio físico e coidado da saúde.
- Participación en actos deportivos por deportistas individuais do Concello en posesión de licenza de federado.
- Actividades de promoción do deporte en clubs deportivos e, en xeral, aquelas que persigan interese sociodeportivo ou sexan de utilidade pública, tales como campionatos, intercambios, obradoiros deportivos, etc., así como deporte-competición federado.
- Realización de actividades de conciliación familiar e laboral.
- En xeral, aquelas que persigan un interese social ou sexan de utilidade pública.
- Apartado de investimentos:
- Obras de novas instalacións ou de mantemento e conservación, tales como melloras nas mesmas ou creación de novas, así como equipamentos de materiais ou mobiliario e medios non fungibles necesarios para o desenvolvemento da actividade.
Terceiro. Bases reguladoras
Publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica de Aranga: www.sede.aranga.gal.
Cuarto. Contía
Crédito máximo para actividades: 30.000,00 €.
Crédito máximo para investimentos: 14.000,00 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Quince días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Aranga, 21/11/2024
Alberto Platas Álvarez
Alcalde-Presidente do Concello de Aranga