CONCILIA 2023

𝐂𝐨𝐧𝐜𝐢𝐥𝐢𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐗𝐞𝐢𝐭𝐨 𝐂𝐨𝐫𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞

O obxecto desta actividade será ofrecer unha ocupación para a rapazada de 4 a 14 anos do Concello de Aranga, naquelas familias que, pola ocupación laboral dos seus proxenitores, teñan dificultades para atender os menores en horario laboral.

O programa consistirá na organización de diversas actividades de carácter educativo, deportivo ou recreativo, orientadas a ocupar de xeito produtivo as mañás dos días laborables.

Haberá 40 prazas por quincena distribuidas en grupos de idade homoxénea. No caso de haber máis demanda que prazas dispoñibles aplicaránse os seguintes criterios de prioridade:

1º Casos de vulneravilidade

2º Empadroados no Concello de Aranga

3º Alumnado do CEIP A Castellana

4º Familias cunha renda inferior ó 3,5 do IPREM

5º Familias cos/as proxenitores/as empregados/as.

Unha vez confirmada a participación. Enviarase a documentación precisa para a inscrición definitiva. Que se deberá presentar nas oficina de Deportes do Concello de Aranga ou na súa sede electrónica (preciso sinatura dixital)

-Convocarase a unha reunión a un proxenitor/a de cada familia, na que se resolverán as inquedanzas que se poidan ter sobre a actividade.

-O pagamento da taxa efectuarase mediante ingreso/transferencia bancaria.

Pode facer a solicitude a través da seguinte ligazón:

https://forms.gle/GWoR7BFGpwGPhQ9N8
Anterior LISTAXE DE ADMITIDOS PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL APROL RURAL 2023

Conecta connosco

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm