CAMPAMENTO DE VERÁN CONCILIA 2021

Atención pais e nais de nenos de 4 a 14 anos de Aranga!

Xa podedes enviar a solicitude de inscrición das/dos vosos/as fillos/as no programa de Conciliación de Verán Aranga 2021.

Enviade a folla de inscrición, que podedes descargar no seguinte enlace, devidamente completada a

📧 apuntatearanga@gmail.com

👇🏼: https://drive.google.com/file/d/1hpzIvKg8vg-hwuvfllgfjyz4K6j2gZ02/view?usp=sharing

O progama comezará o vindeiro 28 de xuño e extenderase todos os días laborables ata o 6 de agosto en horario de 10:00 h. a 14:00 h.

Dividido en 3 quincenas:

✅ 1ª Quincena 28 de xuño ao 9 de xullo.

✅ 2ª Quincena do 12 ao 23 de xullo .

✅ 3ª Quincena do 26 de xullo ao 6 de agosto.

O custo de cada quincena será de 12 € , existindo diversos descontos non acumulables.

O prazo de presentación de solicitudes será ata as 14:00 h. DO LUNS 21 DE XUÑO.

Aceptaranse 21 solicitudes atendendo aos seguintes criterios de preferencia:

1️⃣ Alumnado CEIP A Castellana

2️⃣ Mocidade empadroada en Aranga

3️⃣ Familias con renta inferior ó 3,5 IPREM

4️⃣ Mocidade con proxenitores empregados

As actividades desenvolverase principalmente no entorno do Pavillón Municipal “Laura Centoira” da Castellana, aínda que puntualmente se poidan desenvolver saídas nos espazos próximos. Ademais dos desprazamentos que se poidan realizar nas actividades extraordinarias previstas para todos os venres.

Podedes descargar o tríptico do programa aquí: https://drive.google.com/file/d/1vSfMomG9rq21cKXcaDsJyO4mr5uvkiXU/view?usp=sharing

Anterior TABOLEIRO DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE ARANGA

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm