ENTREGA DUN CAMIÓN Á COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE MANDEO

Este xoves, 10 de xuño, tivo lugar o acto de recepción por parte dos representantes da Comunidade Intermunicipal Lambre-Mandeo (Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior)  dun camión  finciado pola Deputación da Coruña
No acto de recepción do novo vehículo participaron os alcaldes de Aranga, Alberto Platas que obstenta a representación da Comunidade Intermunicipal, o alcalde de  Monfero, Andrés Feal, e tamén concelleiros de Irixoa e Vilarmaior. Por parte da Deputación da Coruña, o seu presidente,  Valentín Formoso.
O camión 4X4  que se destinará  a traballos de limpeza de rúas e estradas, conta tamén con quita neves, grúa e motobomba para efectuar outros traballos de reparación e mantemento de infraestruturas públicas.Este vehículo, que está construído en España e que conta cun completo equipamento creado en Galicia, estará dotado dun equipo motobomba para realizar tarefas de limpeza de beirarrúas e marquesiñas, así coma labores de mantemento en vías municipais.
Conta tamén cunha grúa elevadora para traballos de poda de árbores e reparación nas luminarias públicas; un polbo con rotor de xiro para recollida de plásticos agrícolas nas explotacións gandeiras e un garavillador para a realización de traballos de conservación das vías municipais dos catro concellos da comunidade.
As características do camión complétanse cunha folla quita neve e un esparexedor de salmoeira para solucionar os problemas de acceso que no inverno sofren moitas aldeas a causa da neve.

Anterior ACTO DE RECEPCIÓN DUN CAMIÓN PARA TRABALLOS DE MANTEMENTO NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO

Leave Your Comment

Conecta connosco

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm