XANTAR NA CASA

Infórmase  á  veciñanza  da  posta  en  marcha neste Concello do  Programa   de “Xantar na Casa”  que constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
Con este tipo de recurso  preténdese que as persoas maiores e/ou dependentes poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Son posibles beneficiarios/as do programa “Xantar na Casa” as persoas empadroadas  e  residentes no concello de Aranga e que cumpran os seguintes requisitos:
·    Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que poida  suplir tal situación.
·    Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiren de axuda para a preparación de alimentos.
·    Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do Concello.
·    
SOLICITUDES
Poderán solicitar este servizo nos servizos sociais do concello  todas as persoas  que cumpran os requisitos, previa cita, nos teléfonos: 646578768/981793551.

Anterior MEDIDAS ANTE O COVID AO COMEZO DO CURSO ESCOLAR

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm