PROPOSTA DE HOXE: CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2

Sinalar antes de nada que non imos tratar materiais escolares, nin por suposto obrigatorios, a nosa intención é tentar achegar algún recurso para apoiar con tarefas e materiais accesibles para fomentar a diversión, ocupar o tempo de ocio e reforzar as habilidades.

Os Bolechas. Carvalho Calero

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.

Documentos relacionados

  • Libro. Formato PDF. 2 MB

E…….Podedes vivir unha aventura a través das letras de Ricardo Carvalho Calero. Serás quen de resolver unha misión na que recibirás un número que corresponde á clave que precisas para abrir un maletín onde está a túa recompensa?…. Pois conectade os vosos cinco sentidos. Ídelos necesitar para resolver esta misión!

E lembrade, todo detalle conta.

http://sacaalinguaapacer.blogspot.com/2020/05/o-misterio-da-casa-de-ricardo-carvalho.html

Bo día e lembrade, se nos coidamos, coidamos aos nosos seres queridos, e poderemos desfrutar das celebracións conxuntas antes!!! Moito ánimo.

Anterior A PROPOSTA DE HOXE: CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 1

Leave Your Comment

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm