oficina móbil de retorno

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta chega a Aranga para apoiar ás persoas retornadas

O pasado xoves 3 de xullo, a Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estivo instalada no Campo da Feira da Castellana, no Concello de Aranga, co obxectivo de asesorar e axilizar trámites ás persoas retornadas á nosa terra e ás súas familias.

A visita contou coa presenza da Delegada Territorial da Xunta de Galicia   , Belén Docampo, acompañada polo Alcalde de Aranga, Alberto Platas, quen destacou a utilidade desta iniciativa para achegar os servizos da administración a quen máis o precisa.

Este dispositivo, promovido pola Secretaría Xeral da Emigración, permite ofrecer información, orientación e axuda personalizada sobre temas como:

  • Trámites administrativos de retorno

  • Axudas e subvencións dispoñibles

  • Inserción laboral

  • Recoñecemento de títulos ou estudos

  • Atención sanitaria e servizos sociais

A Oficina Móbil forma parte da estratexia da Xunta para facilitar o regreso de galegos e galegas do exterior, promovendo unha acollida digna, áxil e eficiente, cun acompañamento integral no proceso de retorno.

Desde o Concello de Aranga agradecemos á Xunta esta visita e animamos a todas as persoas retornadas a aproveitar este recurso cando estea dispoñible nas distintas localidades.

oficina móbil de retornooficina móbil de retornooficina móbil de retornooficina móbil de retorno

Anterior Descubre unha nova oportunidade coa xornada online CULTIVO DE FLOR EN GALICIA