A UE NO TEU DÍA A DÍA – COMPRAS

Cando adquires bens ou servizos, xa sexa en liña ou nun comercio, benefíciaste de normas claras que te protexen como consumidor.

As normas de protección dos consumidores da UE garanten o dereito de todas as persoas a recibir un trato xusto e información correcta e transparente sobre as súas compras. Por exemplo, cando reservas un billete de avión, deben indicarse claramente todos os impostos e cargos.

Ademais, todos os produtos teñen unha garantía mínima de dous anos. Isto significa que, se os produtos que adquiriches teñen algún defecto ou non se asemellan ao anunciado, o comerciante deberá reparalos, substituílos, reducir o seu prezo ou ofrecerche un reembolso íntegro.

Os teus artigos contan cunha garantía de dous anos

Cando adquires un produto ou servizo en liña ou fóra dunha tenda, tes tamén dereito a cancelar e devolver o pedido nun prazo de 14 días, sen ter que dar xustificación ningunha.

E todo o que compres debe cumprir unhas normas de seguridade xeral.

Os teus artigos son seguros

O marcado CE certifica que os produtos son seguros, por exemplo, se compras un xoguete infantil.

Esta norma da UE garante que nas partes accesibles dos xoguetes non se permita a presenza de substancias químicas que poderían provocar cancro, nin elementos pesados como o mercurio, por riba duns límites estrictos.”

Anterior Acta sesión plenaria nº 05/2024

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm