ACTIVIDADES DE NADAL DE ARANGA 2023

Sábado 23 de Decembro
Festival de Nadal no Pavillón Municipal Laura Centoira da Castellana, das 16:30 ás 19:30 h.:
-Recollidas de cartas por parte de Papa Noel.
-Agasallo e sorteo de regalos para toda a mocidade participante.
-Chocolate e churros.
-Inchables.
-Obradoiros.

Exposición “A Violencia de Xénero….dille NON!” Dentro das actividades da Xunta de Galicia na rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero, da que o Concello de Aranga forma parte.
Mércores 27 de Decembro
Obradoiro de Cartas a SSMM os Reies Magos na Escueliña da Castellana. De 11:00 a 13:00 h.
Haberá puntos de recollida para participantes polas Parroquias do Concello. (Horario de recollida en función das inscricións). 15 prazas limitadas por orde de inscrición no correo apuntatearanga@gmail.com.
Xoves 28 de Decembro
Obradoiro de Cartas a SSMM os Reies Magos na Axencia de Lectura de O Toxiño. De 11:00 a 13:00 h.
Haberá puntos de recollida para participantes polas Parroquias do Concello. (Horario de recollida en función das inscricións). 15 prazas limitadas por orde de inscrición no correo apuntatearanga@gmail.com.

Venres 29 de Decembro
Concerto de Nadal para todos os públicos. Escueliña da Castellana ás 16:30 h.
Dúo de música clásica Duellist, repertorio mestura de temas modernos cos máis tradicionais. Non necesaria inscrición. Prazas ata completar aforo.

2 ó 4 de Xaneiro
Recollida das cartas con visita de SSMM os Reies Magos nos seus domicilios a toda a veciñanza de Aranga que o desexe.
A visita será en horario de mañá (entre as 10:00 e as 13:00 h). Todas as familias que o desexen poden solicitar a visita mediante un correo electrónico a apuntatearanga@gmail.com indicando o nome , datas e horarios máis axeitados dos dispoñibles.

Martes 2 de Xaneiro
Excursión Xuvenlugo.
Saída ás 16:00h dende a Castellana, regreso estimado sobre as 21:00 h
Custe 5 €/persoa.
Menores de 12 anos deberán levar adulto responsable. Menores de idade non acompañados deberán entregar autorización asinada polos proxenitores.
50 prazas limitadas por orde de inscrición no correo apuntatearanga@gmail.com.

Anterior LLEGA 700: FINALIZARÁ O PRAZO PARA AS ACTUACIÓNS GRATUITAS

Praza Mestre Mosquera Nº1

15317 – Ponte Aranga – Aranga

Horario:

Lun – Ver: 8:30 am – 14:30 pm