Bono cultural xove

? Bono Cultural Xove 2025: 400 € para desfrutar da cultura

O Goberno de España, a través do Ministerio de Cultura, vén de abrir o prazo para solicitar o Bono Cultural Xove 2025, unha iniciativa destinada a mozos e mozas que cumpran 18 anos neste ano 2025.

O obxectivo deste bono é fomentar o acceso á cultura entre a mocidade, ofrecendo 400 euros para gastar en diferentes produtos, actividades e servizos culturais.

? Quen pode solicitalo?

As persoas nacidas no ano 2007 (é dicir, que cumpren 18 anos ao longo de 2025), que teñan nacionalidade española ou residencia legal en España.

? Cando se pode solicitar?

O prazo estará aberto ata o 16 de setembro de 2025. A solicitude debe facerse a través da web oficial:
? www.bonoculturajoven.gob.es

? Que se pode mercar co Bono Cultural?

O bono repártese en tres partes:

  • 200 € para artes en directo (concertos, teatro, cine, museos…)

  • 100 € para produtos culturais en formato físico (libros, discos, videoxogos…)

  • 100 € para consumo dixital ou en liña (plataformas de streaming, podcast, prensa en liña…)

Este programa busca non só dinamizar o sector cultural, senón tamén impulsar hábitos culturais nos máis novos, axudando ademais economicamente ás familias.

ℹ️ Como solicitalo?

Cómpre dispoñer de DNI electrónico ou Cl@ve para facer o trámite. Tamén se pode facer a través dun representante legal no caso de menores emancipados ou con dificultade de acceso á sede electrónica.

Anterior Prezos