🖥️https://mpt.gob.es/gl/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/servicios/Carta-de-Servicios.html
Mediante Resolución do 18 de outubro de 2023, da Subsecretaría do Ministerio de Política Territorial, aprobouse a nova CARTA DE SERVIZOS DA DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA E SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA CORUÑA PARA O PERÍODO 2023-2026, que foi publicada no BOE no 258 do 28 de outubro de 2023. que sustitúe e unifica as anteriores cartas de servizos existentes (electrónica e de servizos presenciais).
A carta consta dos seguintes documentos:
🔹Unha carta matriz na que se detalla a organización e funcións da delegación, inclúese a ligazón á relación de servizos que se prestan, a ligazón á normativa reguladora dos servizos, os dereitos da cidadanía, as formas de colaboración e participación da cidadanía na mellora dos servizos, os compromisos de calidade e indicadores, a forma de realizar queixas e suxestións, os plans e medidas de igualdade, calidade, protección ambiental, accesibilidade e prevención de riscos laborais, e os datos da Secretaría Xeral como unidade responsable da carta.
🖥️https://mpt.gob.es/gl/dam/es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/sub_coruna/servicios/Carta_servicios/ACORUNA_CARTA_SERVICIOS_23-26_GALLEGO.pdf.pdf
🔹Un anexo coa Relación dos Servizos que se prestan no que se inclúe unha listaxe cos 229 servizos que se prestan, divididos en 21 categorías. Inclúe a modalidade de prestación (presencial e/ou electrónica); incorpora unha ligazón a cita previa se existise esa posibilidade, e incorpórase a ligazón directa a cada servizo concreto, se se puidese tramitar electronicamente (case o 100% dos procedementos).
🖥️https://mpt.gob.es/gl/dam/es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/sub_coruna/servicios/Carta_servicios/ACORUNA_LISTADO_SERVICIOS_GALLEGO.pdf.pdf
🔹Un anexo coa normativa reguladora dos diferentes servizos.
🖥️https://sede.administracionespublicas.gob.es/pagina/index/directorio/requisitos_tecnicos/language/gl_ES
🔹Un anexo cos 42 compromisos de calidade presentados polas Áreas e servizos. Estes compromisos garanten que a prestación deses servizos realizarase nuns prazos marcados que son inferiores aos máximos previstos na normativa. Establécense uns indicadores para garantir o seu cumprimento e publicarase periodicamente o grao de cumprimento de cada un dos compromisos.
🖥️https://mpt.gob.es/gl/dam/es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/sub_coruna/servicios/Carta_servicios/ACORUNA_CUMPLIMIENTO_COMPROMISOS_GALLEGO.pdf.pdf